Esta fin de semana, aparte de moooii longa, foi bastante boa, e aparte innovadora, pois vivín unha experiencia que me gustou.
O sábado era o cumple de Luis Rios e Mariluz (do Traspasase) e de Marcos (do Nunca), e estaba planeado para facer en Castenda, un sitio precioso na beira do río a uns kilómetros de aquí.
O plan era que eles invitaban á festa e organizaban unha churrascada, concertos e sesión de djs, pero uns por outros os grupos foron caendo e non poido vir ningún, entón ocurriuseme a idea de organizar nós un grupiño con algúns músicos e prepararlle algunha canción, para ser máis exactos, tres, unha para cada un.
Entón empezamos a quedar con xente e o xoves fomos ó local de Kastomä, Oscar (baixo) e David (guitarra) de Kastomä, Alvaro (batería) unha nova promesa, Silvia (trompeta), e Fraga máis eu (cantantes, jjeje, por dicir algo). Pasámolo de medo e sobre todo botamos unhas risas.
Pero ó día seguinte ainda foi algo mellor, pois fomos á Ribeira (en Carral), ó local dos Esterko, e xunto con eles volvemos preparar as tres mesmas cancións. Ahí, gañamos un cantante e un guitarra, e non viñeron os tres músicos do día anterior, pero quedaron uns temas un pouco máis punkis e máis cañeros, tamén porque estibemos máis tempo dándolle voltas.
Teño que admitir que me gustou a experiencia, foi moi divertido e alucinante ó mesmo tempo, pois oir a voz de un polo micro faise extraño.
Ó final non poidemos tocarlle as cancións porque era un follón levar todo o equipo para eso nada máis, pero a experiencia queda ahí, e as risas igual, que non sempre o pasa ben un...
Ó día seguinte fun á feira medieval a Coruña e como cando chegamos non estaba aberta, aproveitamos para ir ata a praia, que en boa hora se nos ocurriu porque estaba chea de merda, para voltar despois á feira, vela e cómo non, tomar unhas sidras.
Cheguei ó cumple sobre as once, ceamos, fomos ata o Badulaque ver o concerto (versións dos Ramones) e voltamos para o cumple, mimá, nunca tanto tecno bailara, jejeeje, pero pasámolo moi ben, incluso lles cantamos as cancións en acústico.
E dezaoito horas despois de chegar e ainda sen durmir, marchamos para a praia deixando os restos humanos por Castenda tirados e sobre todo, un solazo que non nos acompañou ata a mariña, pois ali facía un frío do copón.
Un fin de semana completiño, que acabou onte en Cañás, que estaban de festas e había churrasco, o malo foi a mala nova, pois alí entereime que Aurelio tibo un accidente o día anterior despois de que eu o deixara en Cerceda, pero bueno, dentro do malo, o coche non val para nada, pero el só ten un brazo roto e algún moratón.
E para este findeee..... trrr: PARDIÑAS! cos CEMPÉS de despedida
martes, 31 de julio de 2007
Suscribirse a:
Comentarios de la entrada (Atom)
No hay comentarios.:
Publicar un comentario