martes, 25 de agosto de 2009

VIAXAR, VIAXAR, VIAXAR...

... e creo que canto máis poidera andar, máis andaría. ¿Curiosidade, cú inquieto, búsqueda dun lugar no mundo..? a verdade non sei porqué me gusta tanto, pero cada día teño ganas de ver un sitio novo.
Onte falaba con un amigo que foi pasar o fin de semana (de venres a luns) a un campin, e estrañoume porque teóricamente era ata martes, asi que lle preguntei que qué pasara, porqué volvera antes de tempo e a sua resposta foi "pois porque tiña ganas de volver pa casa xa", bufff!! un pensamento que a min nunca me pasou pola cabeza, podo andar por ahi de un lado a outro que nunca me acorda que quero volver, volvo porque teño que facelo, pero nunca me pasou eso de que volvera porque xa quería regresar á casa. Esto a moita xente pódelle facer pensar que son moi fría, que non sinto amor polos meus ou cousas asi, e para nada, ese non é o caso, pero non sinto a necesidade de estar ahi, para min con saber que están ben xa é suficiente, e hoxe en día, que podes ver fotos polo internet e poñerte ó dia de todo nun momento esteas onde esteas... pois eso, que non sinto esa necesidade de volver.
Esto é como o de facer unha casa, cousa tan galega, e que eu ainda tendo cartos para facela, non a faría porque non sei onde me gustaría afincarme, escoller un sitio no mundo como o teu sitio no que establecerte... eso é unha elección moi difícil, e máis habendo tantos sitios bonitos e tantos que teñen un encanto "especial".
Supoño que o tempo o dirá, pero mentras considero o mundo como a miña casa, tendo sempre en conta que "galega, incluso despois de morta"

miércoles, 19 de agosto de 2009

OS QUE ESTAMOS AQUI QUEREMOS ESTAR ALÓ...

.... E OS QUE ESTAMOS ALÓ QUEREMOS ESTAR AQUI!

¿Porqué será eso de que sempre queremos o que non temos, o que non somos ou o que non podemos? Se somos altos gustaríanos ser máis baixos, se rubios queremos ser morenos, se vivimos en Ordes gustaríanos vivir en Cangas, ... ¿somos inconformistas ou será que non sabemos o que queremos?
Supoño que eso será como todo, canto máis temos onde elexir máis nos costa facelo e ainda diría máis, se podemos ter todo ou varias opcións, para qué imos elexir, o que está claro é que as eleccións que imos tomando ó longo da nosa vida vannos marcar a mesma, van dicir moito de nós mesmos e moitas veces non terán remedio, e se o pensamos ben dámosnos conta de que todo son eleccións... e que moitas non son fáciles.

Onte preguntábanme porqué lle daba tantas voltas ás cousas e a verdade é que non o sei, é máis, creo que tampouco é que lle dea moitas, senon que quero elexir ben, elexir se quero ou non, se vou ou non, se me gusta ou non me gusta, se me compensa, se me interesa... ó fin e ó cabo, teño que elexir para min e intento facelo o mellor posible, pola conta que me trae.

Pensemos e escollamos, pero fagámolo ben!