jueves, 26 de noviembre de 2009

IGUALDADE...

... un dos dereitos humanos máis importantes, é o da igualdade, "todos somos iguais independentemente de raza, sexo ou relixión", cousa que aparece tamén na costitución española e na maior parte de escritos e leis ou estatutos que hai de Estado, Autonomía ou o que sexa, pero á hora da verdade, nada máis lonxe da realidade!
Hai moitos feitos denunciables e moitas inxustizas, poderíamos encher milleiros de blogs protestando ante actos de crueldade, tratos discriminatorios e un longo etc, no que prefiro xa nin entrar, pero estos días hai un caso aqui na Galiza que me chamou a atención, e é o da familia xitana de Ourense á que lle queren quitar o fillo menor de idade porque padece obesidade mórbida.
O neno, chegou a pesar 83 kilos, pero en canto os servicios sociais se meteron polo medio, a sua familia tomou medidas coa sua dieta e estaba xa en 70kg, cando un xuiz decidíu que ese neno debía pasar a disposición do Estado. É dicir, que o fin era quitarlle o fillo, non curalo, porque senon non o entendo.
Mentras esta familia pelexa nos xuzgados para poder conseguir que o fillo poida seguir vivindo con eles, hai centos de nenos que sofren malos tratos físicos e psíquicos, outros tantos que sofren a indiferencia dos pais e familia, outros que, no outro extremo, son uns maleducados e consentidos sen respeto ningún hacia ninguén, chegando incluso a maltratar a outras persoas, pois ben sabemos que os nenos tamén poden ser moi crueles, outros nenos pasan días enteiros mirando a tele e xogando á consola, sen apreciar que hai vida fóra da pantalla, outros non saben o que é ter unha familia, porque a súa pasa o tempo no bar, coas máquinas tragaperras, de tendas coas amigas, no bingo... etc, etc, etc, pero a esas familias non lles quitan os seus fillos.
Entón ¿que é peor? ¿que teñas un fillo gordo porque nunca tiveches unha educación alimentaria que o impida, ou que teñas un fillo que vive prácticamente solo sendo menor de idade porque vives a tua vida sen telo en conta? ¿ou porqué contra estos actúan e contra tantos outros non fan nada? Eu creo que a resposta a esta pregunta é evidente, e por iso me parece moi inxusto o que fan con esta xente, e penso que se non foran xitanos, o rapaz estaría tan tranquilo comendo os seus pasteliños na casa, cousa que de feito, pasa en milleiros de fogares, nos que estar delgado non é saúde, é solo cousa de modelos, e imposible.
Non sei cómo podería axudalos, pero dende aqui quero amosar o meu apoio a esta familia, e denunciar o trato inxusto que están sufrindo.
Ou pa todos, ou pa ninguén, pero creo que hai nenos que sí necesitarían que alguén mirase por eles como esta familia fixo co seu fillo.

lunes, 23 de noviembre de 2009

COUSAS DE MULLERES...

... jejejje!! ainda me río pensando na de onte.
Onte, penúltimo domingo de novembro, miña nai fixo a comida de empresa. Todos os anos a fixo en decembro, como é a costume, pero este ano decidíu adiantala porque en decembro xa hai mil compromisos, asi que optou por facela onte a mediodía. Como é costume, invitou ás 6 mulleres que traballan pra ela, a miña irmán máis a min, a súa irmán, e a tres amigas súas, total, que nos xuntamos 13 mulleres.
A comida foi pasando moi tranquila, nada de alcohol ata os chupitos que solo tomaron catro das asistentes, uns cafés, e cambio de pola, fomos tomar outros cafés a outro sitio e ahi ocurríuselle aunha facer un xogo. Todas sentadas en círculo, ó redor da mesa, e explicou o xogo, que consistía no seguinte: cada unha ten que facer un xesto, movemento ou son, pero cando che toca, antes de facer o teu, tes que facer por orden os xestos que fixeron as anteriores, e despois facemos o mesmo todas xuntas, e asi, sucesivamente ata pechar a roda, á media hora, estabamos todas en plan: poñerse de pé, aplauso, sentarse, palmada no peito, rascar unha orella, levantarse e xirar, facer un olee, salto, tocar a cabeza, chiscar un ollo... jajjajajja vaia risas.
Asi foi pasando a tarde e de verdade que nalgún momento era de chorar coa risa, porque claro, eu con 30, pero outra con cincuenta e pico, corenta e tantos, e asi...
Isto nunha comida de homes non pasaría!

miércoles, 4 de noviembre de 2009

A MORTE... IGUAL PARA TODOS E QUÉ DISTINTA PARA CADA UN!

Con isto non me refiro a se era merecida ou non, nen a se foi unha morte xusta ou non, senon ás costumes que conleva.
Aparte de crencias e de formas de morrer, están as costumes que conleva a morte.
En algúns sitios o morto non se deixa solo ata que se lle dá sepultura, noutros iso da igual e a partir de certa hora pechan o velatorio e deixan o defunto quedar ali coa sua única compaña, hai xente que bota mil rezos pra desexarlle unha boa viaxe e sobre todo o perdón, outra desexa iso pero dun xeito máis persoal e en lugar de oracións fai memoria da sua vida, hai persoas que deixan todo listo pra que o seu enterro sexa tal e como el quere, outros en cambio non deixan nin o testamento amañado, hai persoas que aceptan o duelo, outras non, hai xente que vai ós enterros a ver ós que quedan vivos ou a informarse dos ultimos cotilleos, outras van co seu máis sentido pésame a acompañar a familia, senon xa non van,... e asi poderíamos citar miles de costumes que se levan a cabo en torno a esta cerimonia, a do enterro.
Onte vin outra costume que non coñecía e que me parece a parte de moi boa idea, moi sensata. Un enterro parece cousa fácil e parece que non custa nada, porque a quén non lle tocara preto, nunca viu unha factura, nen un presuposto, nen se fai a máis mínima idea de todas as cousas que hai que facer para levalo a cabo, simplemente porque son cousas atípicas nunha conversación e moitas veces incluso tabúes.
Aqui a costume máis común, é a de levar flores, coroas de flores ou ramos, cos que buscas un consolo para a familia e un cariño para o defunto, e é unha costume moi común, pero ó mesmo tempo un tanto estúpida, pois estás matando unha flor (que son dúcias en total) pra conmemorar a unha persoa morta, para o cal sería máis razonable regalar unha planta viva que acompañe o defunto no seu descanso, ou senon o que vin onte, en lugar de gastar esos cartos en flores, todos os veciños do defunto fan unha pequena doazón para sufragar os gastos do enterro, e si, sei que é un pensamento materialista ou o que queiras, pero se a familia ten con qué xa non digo nada, pero se non ten moitos medios económicos, oxe en día na nosa sociedade capitalista celebrar un enterro co funeral e todo é case tan caro como un coche, é dicir, que non todo o mundo pode pagalo, e que moita xente ten que pedir un préstamo para poder facelo... TRISTE, PERO CERTO!
En fin... ver pra crer, e mellor dito, ver pra aprender! E xa de paso, unha vez que nos paramos a pensar un pouco nesto, dicir que cando me toque, non necesito flores, nen necesito nada porque estarei morta, pero se che dá por levarme flores, que sexan vivas, e se vés que teño moitas, dalle as miñas a outro que non teña ningunhas, e se o prefires, eu preferiría que esos cartos os gastases invitando a unha ronda á miña saúde, por exemplo, e se tampouco queres facer eso, tamén me gustaría que a miña xente non sufrira asi que tamén me vale que organices un concerto, concurso de chistes ou algo asi... e se o que conta é a intención, pensa que con que intentes recordarme xa é suficiente!