Nunca choveu que non escampara e nun momento no que vés todo negro, é irónico que precisamente outro chasco faga que todo se vire de cores de repente, foi a gota que colmou o vaso, o que che fixo entender a frase de "do amor ó odio hai un paso"... pois foi o feito.
Jeje, pasiño a pasiño vou facendo o camiño, teño a idea, teño as trazas e agora esto... é o momento.
Son sentimentos totalmente opostos e claro está que me gustaría non telos, pero en certo modo é un alivio, pois de repente todo se aclara e o que querías segues sen poder telo, pero agora xa non o queres tampouco... É como se todo o peso que levabas enriba se esfumase nun momento, toda a dor, todo o malestar, a pena, .. umm, un alivio si.
Home, está claro que ese alivio é porque estás doída, porque te sintes puteada, ridiculizada e mil cousas e que de repente non se che arregla a vida, pero é o paso... é o acto que che fai botarte a andar, ir tirando custe o que custe, e se para eso tes que "borrar" da tua mente media vida, pois mira, mellor que sacrificar a outra media para nada... porque o que está claro é que a vida de un ten que ser o máis importante para un mesmo, o máis "valioso" e non val a pena darlla a calquera, nin a vida de un, nin o cariño, o respeto, nin nada que non mereza, "ninguén dá nada por nada".
Pero bueno, volvemos ó do outro día, "cada día parece unha vida", pois hoxe é outra totalmente distinta e só espero que sexa mellor.
viernes, 20 de julio de 2007
Suscribirse a:
Comentarios de la entrada (Atom)
No hay comentarios.:
Publicar un comentario