martes, 28 de agosto de 2007

Desesperación, enfermidade ou mal estar simplemente?


Un non sempre pode controlarse, iso é a constante de todo o mundo. Pero o que me pasou estos días xa non é tan normal.
Hai cousas que ó mellor se fan demasiado para un, e en lugar de darlle a importancia que teñen, finximos por esto do orgullo, porque todo aquel co que falas lle quita ferro e che dá largas, porque a ninguén lle gusta exteriorizar o que leva por dentro, ou por mil circunstancias que che vai dando a vida.
O outro dia, falando con alguén, díxome algo que agora entendo; parece ser que cando teño algún problema, este aféctame no meu carácter facendo que me sinta mal pero entendo que é parte da miña vida e intento superalo, o problema estaría en que ó mellor non distingo ben cando teño o problema, non son consciente no momento en que me está pasando, e cando me dou conta xa é tarde ou xa está moi avanzado.
Agora teño un moi avanzado que non dou controlado e que me vai superando unha e outra vez, ata cagala ata o fondo, e iso non o soporto. Non soporto non ser dona de min, non poder controlar os meus sentimentos, os meus feitos, pero non sei que me pasa que por momentos perdo a lucidez que creo ter e volvome como tola, descontrólome ata o punto de non poder parar, de intentar chegar a un límite que en realidade non ten fin, ou cuio fin non quero para min.
De repente é como se todo se virase oscuro, todas as miñas boas intencións se van ó garete, todo pasa a ser malo, decepcionante e doloroso... ¿será eso o que chaman crise de ansiedade?
Non sei o que é, pero unha cousa está clara, é enfermizo e doloroso

sábado, 25 de agosto de 2007

Corazón ferido

Hai xente que lle parece que o corazón é un músculo calquera que temos no corpo e que botándolle unha crema ou tomando unha pastilla xa podes curalo.
Cando o corazón está ferido, non hai nada que o cure, ten que ir curando pouco a pouco co tempo e provablemente non dea curado ó cen por cen nunca, como se tibese unha memoria interna na que quedan gardados todos esos malos momentos, todas esas feridas... e o primeiro que che din cando dis que che doe é "xa pasará", home claro que pasará, pero non desaparecerá.

O que creo é que hai xente que ten o corazón só como un músculo que bombea sangue, que non ten outra función.. porque hai xente que realmente parece que non ten sentimentos, que non lle doe nada, que cada vez que queren poden dominalo e facer que todo desapareza sen chegar a sentir nada... como se tiberan un botón de "esto non me interesa.. delete".
De algunhas que se liaron co meu ex, todos me din, "non é para tanto", "que máis che dá se total..", pero ¿cómo que máis me dá? ¿que pasa, son eu un bicho raro que crée no amor? Porque eu sei quen é o meu amor, e todo o que teña que ver con el importame, como non me vai importar...
¿Ou é que oxe en día só existe unha relación sexual entre a xente? Porque eu non o creo asi, non o entendo asi...
O que sei, é que o meu corazón está ferido e gustaríame ser como moitos e olvidalo, olvidarme de todo, borrar o meu pasado e seguir adiante feliz como unha pediz, pero o coño é que me pode, pode conmigo e estou destrozada.

miércoles, 22 de agosto de 2007

Unha semana de moito traballo se temos en conta as festas



Do 13 ó 18 de agosto, foi unha semana na que tanta festa recordoume á semana do meu cumpleanos.

As festas en Ordes empezaban o martes 14, pero como non podía ser de outra forma e para empezar ben, nós empezamos o luns xa. Así, o luns e o martes saimos por aqui, enredando ata as mil.
O mércores saimos tamén en Ordes, era o día para o que tiñamos organizado o xogo, pero a falta de xogadores, fíxonos improvisar.. e acabamos xogando catro contra catro, jeje, vaia..
Ademais o mércores sorteaban unha fin de semana en Sanxenxo no Nunca+ e tocoulle a Silvia. Enredamos e enredamos ata que o xoves nos deitamos á beira das catro da tarde, para levantarnos sobre as sete e arrancar ó Arcos, onde tocaban Kastomä, sí, parece incrible pero colleron todos e para o noso deleite cantaron todas as cancións, con non sei cantos bises e algunha improvisación. Teño que destacar a actuación de Oscar, que estaba esplendoroso, jjejej, tanto que estibo por ahí a voltas ata as mil e o venres nin saiu da casa.
Eu o venres tampouco sain, estaba tan feita polvo que non tiña nin fame e acabei adormecendo no sofá, coa sua consecuente dor de corpo ó día seguinte.

O sábado xa viña a festa boa, e ás cinco ou asi arrancamos hacia Ferreira de Pantón, onde había un festival chamado " o festival do Castro" e que é o segundo ano que o fan.
Estibo xenial, a música, o sitio, a xente, todo estupendo agás o Toñito de Poi, co cal chegamos á conclusión de que debiamos metelo con Xurxo nunha habitación e esperar a ver que pasaba.

A Pantón viñeron con nós o Punki e o Bolo, pero desta vez, tamén nos acompañou o Trasno, un canciño que lle deron a Silvia pero como a nai non llo quere na casa estibo estos días na miña e vaino levar Isma (o primo de Silvia) para Cataluña.. snif, que pena, xa lle collín cariño a mazo... pero bueno, asi é a vida.

Alí levei unha sorpresa cando vin a Manolete, un amigo que vende camisetas para Maix e que leva tamén a representación do merchandaising (ou como coño se escriba, porque xa podían buscar unha palabra nosa), de Banda Bassotti e que sempre me atopo por ahí nas festas, só que el currando e eu de festa. Tamén me levei outra sorpresa cando vin a Biana, outro amigo de aqui de Ordes pero que agora fai vida en Xinzo e prácticamente non vemos.

Despois de durmir un pouco na carpa da festa fomos ata Ribeiras de Miño, o pobo onde naceu a nai de Silvia e que está ali ó lado. Ali estaban xa Roberto, Rita, Mario e Isma, ainda durmindo e que non tardamos en despertar. Levantaronse, comemos algo, fomos ver un pouco a zona e arrancamos ó río para pasar ali a tarde.
Un sitio precioso, unha tranquilidade envidiable... non hai palabras.

Sobre as sete da tarde ou asi levantamos o campamento e empezamos a viaxe de volta, pero como non comeramos moito, paramos a cear en Palas, nun restaurante onde o camareiro era unha xoia, un señor co que te partías o cú de risa e que ó final conseguiu que nos acabaramos servindo a nós mesmos..
Chegamos a Ordes preto das once e como non podía ser de outra forma, collín e dereitiña pa casa, a durmir.

O luns foi horrible!

lunes, 13 de agosto de 2007

Fin de semana de feiras, festas e PRAIAA


Un fin de semana moi atarefado en todos os sentidos, e moito coche..

Este finde empezou para min o venres en Oleiros, onde había "Alfaroleiros", unha feira de cerámica que fan en Santa Cruz, ó lado do paso de patos, jejje, moita gracia me fixo ese paso dende que o vin.

Alí non atopei nada novo, pero si atopei a Tomás, un oleiro (como quere que lle chamen e non alfareiro, pois alfar e mozárabe e a sua cerámica é neolítica) de Gundivós ó que xa lle teño mercado e que me parece unha persoa moi interesante, tanto no profesional como no persoal...

Aparte de a Tomás, atopei uns instrumentos que lles van encantar ós rapaces de Axouxere, pois xa me teñen comprado uns cantos e xa teñen todos os que teño eu na tenda. Os que lles atopei son moi rudimentarios, pero seguro que non teñen ningún igual.

Paseando por ali, atopei talleres andaluces que vin cando andiben por ali abaixo e teño que dicir que a min non me gusta a decoración que lle poñen, moi barroca para o meu gusto, en cambio, vela nas suas casas cheas de pratos colgados nos balcóns e nas fachadas, e con mil plantas e flores de mil colores, e ahí si me gustan... será certo eso de cada quen ten o seu lugar.

A mostra non era moi grande, e menos mal porque cheguei ás 10 da noite, pero coincidiu tamén con un concerto de María do Ceo, que tocaba xusto nunha praciña enfrente, e mira que me gustou, nunca a vira pero é boísima. Ceamos con Tomás, e á beira da unha e media marchei co compromiso de pasar por Gundivós antes de marchar de viaxe.

De camiño pa casa, como ó dia seguinte non tiña que abrir por que iba miña nai, parei a tomar algo en Carral, pero marchei pronto porque a xente andaba na quinta xa e sonaba eso a liada monumental.



O sábado empezou cedo, pois ás oito estaba arrancando cara a Mondoñedo, pois había feira medieval, das máis tradicionais do pais por certo.

A feira gustoume moito, había de todo, incluso tiro con ballesta, que tiña unha cola longuísima e quedoume pena de non poder probar. Ali atopei a David, o de Queixas, que ainda que estaba traballando, estaba na sua salsa pois é das suas feiras favoritas. Ainda que non atopei nada para a tenda, comprei algunhas cousiñas para min e sobre todo, comemos de pinga, uns callos, lacón e un pouco de tortilla.. umm que rico. O que non trouxo moi boa experiencia dali foi Bolo, porque aparte da calor insoportable que ali facía, coñeceu a un can que non creo que queira recordar, pois para unha vez que non se mete el de entrada, veu o peazo bicho e quixo papalo, un can que parecia un cabalo... mimá que susto!



Ás tres da tarde estaba arrancando para Ordes, pois quedaramos ás catro para arrancar a Beluso, e asi foi, marchamos ás cinco, pero chegounos ben o tempo porque cando chegamos ali facía incluso frío.

Beluso, un sitio precioso, bueno, gústame toda a zona do Morrazo, e incluso podo dicir que me encantaría vivir por ali e que espero ter unha casiña algun día cerca de algunha das suas praias.

Cando chegamos atopamos a Lola e Alvaro (que por certo, o venres corteille o pelo e está Lola toda descontenta co novo look do seu rapaçiño, jeje) e despois de baixar á ver a praia, empezou a aparecer o resto da tropa. Ainda nos xuntamos uns cantos, pois ó final da noite estabamos nós, os de Carral, os de Merelle, os de Zënzar por suposto (xa que tocaban ali), vimos ós rapaces de Cangas ... un bó grupiño.
Os concertos estiberon moi ben, a xente da organización,... todo, agás o son, debe ser que Sonogal nos ten moi refinados e xa non nos vale calquera cousa...
Jeeje, por certo, estaba o Xurxo Souto con un grupo que era remix dos tres trebóns con xente do Jarbanzo, chámase "A gran Treboada", e ríome porque cando o vin foi detrás do escenario, onde estaban os músicos e xa iba o suficientemente sincera como para dicirlle que era un pesado, jeje, non lle justou nadiña. Zënzar como sempre estupendo, só coa pega do son, pero foi mellor antes cando vin unha escena que me quedou pena de non poder inmortalizar, nin máis nin menos que Bocixa e Tabeaio bailando agarrado, jejej, vaia estampa.
Pois acabou o concerto pero non a festa, andibemos por ali ainda un bó anaco, ata que pouco a pouco fomos adormecendo para despertar con un sol abafante... tocaba praia.
Pasamos o día na praia, ainda quedaban case todos por ali e según nos fomos cansando fomos retirando cara a Ordes.
E iso foi todo nesta finde.. moitas risas, moitos rencontros, boas feiras e a descansar, que as festas do pobo xa están aqui.

lunes, 6 de agosto de 2007

Pardiñas


Pardiñeeeiirooo!!!!
Jejeje, pois aqui estamos de volta, despois de unhas 50 botellas de sidra moi ben escalciadas por Xorxe, uns non sei cantos litros de cervexa, calimocho, licor café e algo de licor de toxo, demos por finalizado o festival de Pardiñas deste ano.
Foi estupendo como todos os anos, e este ano un tanto especial gracias á espectacular actuación de Fuxan os Ventos, qué voces, qué paixón,... son estupendos. Unha gran ovación tamén como sempre ós Cempés, que nos fixeron brincar ata reventar... e un "eres un pesado" a Xurxo Souto, que máis que concerto fai pregón.

Ali estaba outra vez o prado ben segadiño para o noso deleite, a parrilla onde quedou os anos anteriores e cómo non, a xentiña de Mesía, Culleredo e os outros que atopamos na festa... que por certo, levei unha gran e moi grata sorpresa na feira de artesanía, pois primeiro atopei a Raquel e o home, unha parella que coñecín en Marrocos pero son de Ferrol e adicanse á venta e fabricación de licores e que agora teñen unha nena (Enar) fermosa como ela sola, e despois atopei a Ana, unha amiga de Coruña que está de catro meses e encantandísima co seu embarazo. Dá gusto ver a xente que aprecias feliz e contenta..

Este ano ademáis viñeron os rapaces de Carral, jeje, que ainda que o folk non lle vai moito, pasárono como enanos, sobre todo Manu que encaixou con Asier á perfeción, Jaime que viu serpes, lajartos e de todo (jejej, que non quere dicir que os houbera realmente), e Loliño, que con botarlle unha risa xa está contento.

Unha pena que só poidera ir o sábado, pero polo menos, o venres aproveiteino e fun á cea que organizaron no Nunca, (gracias Mundo por facela ti, senon estariamos agardando ainda, jeje) onde había, churrasco, criollos, pementos, troitas... umm todo exquisito.
Estibemos ali ata as mil, e despois de durmir duas horas viñen abrir, non de moi boa gana, para ir á casa ás duas a comer e arrancar con Silvia para Pardiñas ás catro da tarde...

E como todo o bó se acaba, o fin de semana acabeino en Carral, uns contos, unhas cervexas e pa casa, a lavarse, cear e durmir para empezar a semana..

E para o vindeiro fin de semana... Zënzar en BELUSOOO!!
Mola, que ali hai praia.