sábado, 23 de febrero de 2008

O olvido..

Cando intentas olvidar e o puto recordo te persigue, pasa a ser case imposible conseguilo. Entón é cando te plantexas, "cambio de estratexia". Din que do amor ó odio hai un paso, e do olvido á indiferencia creo que outro. Non busco olvidar, busco que non me importe para asi conseguir olvidalo todo, borrar da miña mente recordos e cousas que nin me interesan xa, nin me supoñen nada máis que dor e mal rollo.
Onte pasei por unha situación na que me dixen a min mesma "pff, hai que ser jilipollas", e dinme conta que xa estou cerca, que xa falta pouco para sentir que o meu corazón me pertence a min e unha vez que o consiga a cabeza fará o mesmo, é unha reacción en cadea.

Ainda hai esperanza...

miércoles, 13 de febrero de 2008

Cousa de nen@s

Din que manter un fillo custa moito, tanto mental, como física, como económicamente... e teñen razón. A miña nena non é de carne e oso, pero dá máis choio que un bebé eterno. Supoño que non sempre será asi e que algún día me facilitará a min a vida, pero polo de agora tócame a min afrontar o que me traia e;... que che custa un ovo mantela, que hai que adicarlle moitas horas, que é a historia de nunca acabar, que solucionado un problema logo che trae outro... mil cousas; pero tamén hai que pensar que me deixou ser un pouco máis eu, que me levou de viaxe xa a un lote de sitios (e moitos máis que espero que me leve..), que me levou a coñecer moita xente que non coñecería, que me ensina algo cada día que pasamos e non sei, mil cousas máis que xa me aporta á miña vida.


MORALEXA: coida de quen te coide..

lunes, 11 de febrero de 2008

Outro entroido que pasa..






Un entroido máis ó lombo e un pouco de vida que perdemos... sona drástico ou mal incluso, pero con tanto axetreo é o que supón.

Este ano foi variado porque o primeiro sábado de entroido fomos a celebralo a Bueu, ali había un concerto que organizaban os de descarga furtiva que nos deixou moitas aguxetas e como sempre moi bos recordos do Morrazo. Coñecemos a todo o corpo de Cangas, jajaj, ós municipais e ós verdes, e volvemos a ver a toda esa xentiña que fomos coñecendo nas anteriores visitas... eso si, nesta ocasión facía un frio que pelaba, e choveu tanto que non botamos de menos a ducha. Ali fomos disfrazadas de monxas punkis..


O luns de entroido saimos en Ordes, había festa de disfraces no bar de Angelines, onde tiñamos un pique cos rapaces de Santa Cruss que viña xa do entroido pasado, pois nesa ocasión gañaron eles o concurso. Toda unha xuntanza de especimenes que este ano acabou con unha calabaza enorme polos aires coa sua correspondente guerra de calabaza unha vez que caeu e partiu en mil pedazos. Este ano gañou Sebas, que ia disfrazado de novia, con ramo, velo e todo... a verdade é que iba de pm. Nós levabamos un popurri de roupa que non sabiamos moi ben que era, pero pasámolo de medo... O mellor foi a ratiña presumida, que resultaba que era un "secreta" jaja.


O sábado de piñata volvemos a sair no pobo, pero nesta ocasión tiñamos unha convocatoria (con moi pouca resposta, todo sexa dito) na rúa do Sementes, pois nós iamos disfrazadas de San Fermins, con vaca, toro e todo, e simulamos un encerro na rúa do Sementes, como á hora do chupinazo eramos nós nada máis, empezamos unha ruta de viños, que acabou nunha pelexa de auga no Veleiro a moi altas horas da mañá do domingo. Cheguei á casa é morrín..


Demos asi o entroido por finalizado, e agardamos ó seguinte, pero penso... ¿que lle pasa á peña que cando fas algo non aparecen? ¿falta de sentido de humor? ¿falta de ganas? é como toda esa xente que di que non soportan o entroido porque non lles fai gracia que xente que vai disfrazada lles ande tocando as pelotas, pois ¿para qué saen? mellor que queden na casa e non lle jodan o entroido a aqueles que si o viven.. digo eu. Aparte que cando xa non quede humor... en fin... mellor que non nos pille esa situación.


E nada, espero que o voso entroido fose polo menos tan bó como o meu.