... PARA FACER FESTA!!!
e agora ó que máis e ó que menos, se non hai carto de por medio, non lle interesa.
Dá igual a festa, dá igual que o grupo sexa novato, que sexan autores das súas cancións ou só fagan versións, que sexan bós ou malos, dá igual todo, o importante é cobrar; eso sí, despois nas letras, todos critícan abertamente a esa xente peseteira que só pensa neso e se move únicamente se hai papel moeda, todos teñen a cara de mencionar polo menos nalgunha canción que o diñeiro non é o máis importante, que outro mundo é posible, e que son todos asi menos eles... Mentira! Prácticamente todos pensan igual, e prácticamente todos din "non" cando non se lles pode pagar.
Entendo que os instrumentos custan, que conlevan un gasto e un mantemento constante, pero onde quedou eso de ir tocar polas copas e a cea, ou por amor ó arte, onde vai esa autofinanciación a base de maquetas caseiras, ou onde van esos músicos que viven de pasar a gorra despois da actuación para que os espectadores paguen en función de se lles gusta ou non o que viron... non, agora todo pagado de antemán, e se non pagas, non entras a velos, cando a realidade é que moitos grupos tocan solos a diario simplemente por eso, por non dar opción a que os coñezan antes, por ser tan pretenciosos que intentan cobrar á xente sin que esta sepa se lles gusta ou non o que fan, e estou segura de que se fixeran ó revés, moita xente iría a velos e moita outra aportaría algo para que poideran seguir adiante.
Agora todo é postureo, todos son artistas e músicos, cando a maior parte non sabe nin ler unha partitura, nin ten unha mínima base de solfeo. E xa sei que non é necesario para ser músico, pero tampouco é músico todo aquel que porta un instrumento, e iso é o que moita xente non entende.
Todo isto faime pensar que os artistas de hoxe en día, máis que artistas ou xente que ama a música, son persoas que buscan un afán de protagonismo e un recoñecemento que non conseguen na sua vida de ningunha outra maneira, xente á que o único que lle importa é destacar, chamar a atención e ser eloxiados por facer algo que ó fin e ó cabo, fan milleiros de persoas no mundo. ¿Elogo é tan importante destacar?
A min gústame a música, encántame a música ó vivo, son festeira ata a médula, pero estou un pouco farta de ver a música como un negocio e non como o que é, un arte, un entretemento, unha paixón... farta de tanta "estrellita" que se cré superior, pois como ben dixen mil veces " A MIN PARA ESTRELAS, CHÉGANME AS DO CEO"
Ánimo a todos aqueles que ainda non perderon ese espíritu festeiro, gracias a todos aqueles que nos amenizan as festas, e noraboa a todos aqueles que saben quén son ademáis de que tocan algún un instrumento ou cantan.
Con todo isto estou xeneralizando, e claro está que non todo é asi, pero o triste é que a maioría si.
jueves, 28 de enero de 2010
Suscribirse a:
Entradas (Atom)