... actuar con présa
E présa é precisamente das cousas que non teño, e non quere dicir que non teña ansia, soños, ganas nin nada, senon que "sen présa pero sen pausa".
Hai tantas cousas por facer nesta vida que o difícil é facelas todas, e se algo temo é o de chegar ó meu cadaleito e pensar "merda, canto non fixen", pero tamén penso a día de hoxe, que todo o que queremos non é doado levalo a cabo porque o máis seguro é precisamente eso, que non nos chegue o tempo, porque temos moitos anelos ou porque sempre queremos o mesmo, según nos imos formando como persoas e imos medrando, tamén imos tendo novos soños, novos gustos, novas metas. Estaría ben poder parar o reloxio e que con el se parase o tempo, pero non para.
E aqui tamén podes atoparte en moitas situacións, pois pode pasar, que che parece que estás levando as cousas a ritmo, sen présa, e en realidade estaste tirando de cabeza e daste conta cando bates coa cabeza no chan, é dicir, tarde! E iso, é algo que normalmente non ten remedio, ou por outro lado, e tampouco quero dicir que sexa mellor, pensas que levas as cousas a ritmo pero pásaste de paciencia e cando te das conta perdeches o tempo tontamente sen que che dera tempo a facer o que realmente querias...
Entón, ¿qué nos queda? ¿que é o mellor? e sinceramente non o sei, non me gusta precipitarme e bater no chan, pero tampouco me gusta quedar ahi, a velas vir... ainda que se teño que escoller entre as dúas situacións, eu creo que prefiriría unha vida chea de golpes porque me tirei mil veces sen mirar se había auga, que non unha na que me quede coa duda de "¿e se me tirara?"
A todo isto podo dicir, que menos mal que teño a cabeza dura...
martes, 11 de noviembre de 2008
Suscribirse a:
Entradas (Atom)