
... Vero acaba de ser mamá de novo e agora son dous os nenos que lle quitan o sono. O outro día mirando a revista do círculo de lectores, vin un libro que tiña como título "enséñame a ser feliz" e viña catalogado como un libro infantil, asi que decidín collerllo. A verdade é que foi toda unha sorpresa pois está todo moi ben explicado pero fala de cousas que vemos tan obvias que normalmente olvidamos que ó mellor para un neno non o son tanto e facilitaría as cousas que llo explicaramos.
No libro en cuestión marca unhas pautas para conseguir eso que todos buscamos, que é a felicidade, dando e quitando valor a cousas que moitas veces pasamos por alto, e como me gustou tanto, imos resumir un pouco bastante o que dí o libro.
¿QUE É A FELICIDADE? un estado do ánimo plenamente satisfeito. Dicimos que somos felices cando temos sensacións agradables, cando nos sentimos ben con nós mesmos e co noso entorno. Polo tanto a felicidade é unha palabra que define un sentimento.
¿ONDE ESTÁ A FELICIDADE? ¿COMO SE CONSEGUE? a felicidade está dentro de nós mesmos, non depende do que pasa fóra, nin do que facemos, nin do que temos senon de cómo nos sentimos, e claro está que non podemos sentirnos sempre felices nin ben, pero hai cousas que axudan a selo:
- Sentirse querido, ter a alguén que te queira e a quen querer.
Podemos facer demostracións de cariño por medio de palabras, de abrazos, de agarimos... axudando, escoitando, acompañando.
Debemos querer ás persoas tal e como son, e debe ser recíproco; é dicir, debemos querer polo que se vé, polo que se fai, polo que se ten, pero sobre todo polo que de verdade somos, coas cousas boas e coas malas, ó fin e ó cabo, ninguén é perfecto.
A amistade é un tesouro que debes coidar pra que dure.
Para que outra xente te queira debes empezar por quererte a ti mesmo, tratarte ben, coidar de ti.
-Facer as cousas que nos gustan.
Sabemos que a diario imos ter que facer cousas que non nos gustan, asi que intentaremos facelas rápidamente (o que non quere dicir mal) para que nos quede o maior tempo libre posible para facer o que sí nos gusta. Se non perdemos tempo pensando nas poucas ganas que temos de cumplir con esa obligación, inconscientemente farémolas de mellor gana, porque non estaremos agobiados, e máis rápido.
Debemos probar cousas novas para que as que nos gustan non pasen a ser rutinarias, e se facemos cousas con outra xente, podemos ademáis de aprender cousas novas, aprender formas novas de facer, de pensar, de ver... e é máis divertido.
-Cada día empezamos de novo.
Sabendo isto, dámosnos a oportunidade de volver a empezar cada día e podemos incluso empezalo ben, pois como cada día é irrepetible, vale a pena aproveitalo, aproveitar o que pasa en cada momento, valorar o que sí temos sen sentirnos mal polo que non temos, pois sentíndose mal tampouco se consegue.
As cousas hai que pensalas na sua xusta medida, non vale de nada perder o día pensando en algo que che preocupa sen facer nada para solucionalo, se non vas facer nada, mellor non te agobies pensando neso.
É sano soñar, estimulan e marcan obxetivos, pero de soñar non se vive.
-Ser optimista.
A maior parte das cousas que nos pasan podémolas ver desde diferentes puntos de vista, pero sobre todo de dúas formas: o lado positivo e o lado negativo. Haberá cousas polas que non podemos facer nada, pasan asi e non podemos remedialas, pero o que si podemos facer, é escoller con qué nos quedamos, qué cousas imos recordar. ¿Cómo vés o vaso, medio cheo ou medio vacío? Intenta velo medio cheo, é dicir, deixa as cousas que che pasaron e non che gustan onde están: atrás.
-Estar ben con un mesmo.
Temos que saber cómo somos, coñecernos, saber cales son os nosos gustos, as nosas capacidades... pero tamén os nosos defectos. Debemos recordar que non somos perfectos e que haberá aspectos de nós mesmos que non nos gustan, pero que poderemos cambiar co tempo, e esas cousas que non teñen remedio porque somos asi (como por exemplo o físico) debemos aceptalas tal e como son, non vale de nada acomplexarse, nin sentirse mal.
ALGUNHAS TRAMPAS.
A vida, a sociedade coa que convivimos, a educación que nos dan,..., pódennos levar a erros nos que caemos sen darnos conta:
-O traballo é necesario, pero non debemos pensar solo no traballo, hai que saber desconectar e saber cándo se acaba o traballo para poder adicarnos ó ocio.
-Os cartos non dan a felicidade, e oxe en día está claro que axudan a ser felices porque che facilitan moitas cousas e che quitan certas preocupacións, pero non dan a felicidade. Moitas veces olvidámosnos que hai cousas que sí a dan e son gratis, como os amigos, a familia, un bonito paseo...
-Ter, ter, ter e ter cada vez máis... Está ben ser ambiciosos, querer mellorar, pero non debe obsesionarnos a idea de ter cada vez máis cousas porque ó final o que non terás será tempo para disfrutalas, nen xente coa que facelo.
-Intentar gustar a todo o mundo ademáis de imposible, é un xogo que fará que non poidas ser ti mesmo e levaráte a non saber cómo nin quén eres. O importante é que esteas contento contigo mesmo.
RETRATO DUNHA PERSOA FELIZ.
-Ten enerxía: afronta as cousas que ten que facer con forza e ilusión
-É afectuosa
-É decidida: ante cousas novas polo menos proba, e ante cousas que non saíron moi ben non se desanima
-É flexible: está disposta a cambiar de opinión por ter en conta ós demáis, e se é necesario adáptase ós outros
-É creativa: ten imaxinación e utilízaa sen sentir vergonza por expresar as suas ideas.
-É sociable
-É capaz de ver o lado positivo das cousas
-É expresiva e espontánea: non lle dá vergonza dicir o que pensa, nin pretende quedar sempre ben diante dos demais, ainda qeu o fai de maneira educada e respetuosa
-Está sana
-É xenerosa: comparte o que ten cos demais
-Sabe estar sola: non lle dá medo nin se aburre coa soidade.
-Fai actividades que a enriquecen e a fan sentir ben
-RÍE, RÍE E SONRÍE..
PEQUENAS COUSAS QUE TE PODEN FACER FELIZ.
Moverse, xogar, comer ben, descansar, disfrutar do silencio, relaxarse, disfrutar da música, da arte, da lectura.., reir, buscar ós amigos que te fan sentir ben, ...
¡ INTENTA SER FELIZ SEMPRE ! CADA DÍA, CANDO TE LEVANTES, PROPONTE SER FELIZ, RECORDA QEU A FELICIDADE NON ESTÁ ALI, ESTÁ AQUI E AGORA, DENTRO DE TI
En resumo, que ser felices non é tan difícil, só hai que propoñerse selo e quitar ferro ás cousas que non teñen importancia.
Recorda que este é un resumo dun libro pra nenos, unha guía pra educar na felicidade, se sabes sacar as tuas propias conclusións de adulto poderaste educar a ti mesmo e conseguir eso que tanto anhelamos todos.
ALA, QUE SEXADES FELICES...