Esta fin de semana, aparte de moooii longa, foi bastante boa, e aparte innovadora, pois vivín unha experiencia que me gustou.
O sábado era o cumple de Luis Rios e Mariluz (do Traspasase) e de Marcos (do Nunca), e estaba planeado para facer en Castenda, un sitio precioso na beira do río a uns kilómetros de aquí.
O plan era que eles invitaban á festa e organizaban unha churrascada, concertos e sesión de djs, pero uns por outros os grupos foron caendo e non poido vir ningún, entón ocurriuseme a idea de organizar nós un grupiño con algúns músicos e prepararlle algunha canción, para ser máis exactos, tres, unha para cada un.
Entón empezamos a quedar con xente e o xoves fomos ó local de Kastomä, Oscar (baixo) e David (guitarra) de Kastomä, Alvaro (batería) unha nova promesa, Silvia (trompeta), e Fraga máis eu (cantantes, jjeje, por dicir algo). Pasámolo de medo e sobre todo botamos unhas risas.
Pero ó día seguinte ainda foi algo mellor, pois fomos á Ribeira (en Carral), ó local dos Esterko, e xunto con eles volvemos preparar as tres mesmas cancións. Ahí, gañamos un cantante e un guitarra, e non viñeron os tres músicos do día anterior, pero quedaron uns temas un pouco máis punkis e máis cañeros, tamén porque estibemos máis tempo dándolle voltas.
Teño que admitir que me gustou a experiencia, foi moi divertido e alucinante ó mesmo tempo, pois oir a voz de un polo micro faise extraño.
Ó final non poidemos tocarlle as cancións porque era un follón levar todo o equipo para eso nada máis, pero a experiencia queda ahí, e as risas igual, que non sempre o pasa ben un...
Ó día seguinte fun á feira medieval a Coruña e como cando chegamos non estaba aberta, aproveitamos para ir ata a praia, que en boa hora se nos ocurriu porque estaba chea de merda, para voltar despois á feira, vela e cómo non, tomar unhas sidras.
Cheguei ó cumple sobre as once, ceamos, fomos ata o Badulaque ver o concerto (versións dos Ramones) e voltamos para o cumple, mimá, nunca tanto tecno bailara, jejeeje, pero pasámolo moi ben, incluso lles cantamos as cancións en acústico.
E dezaoito horas despois de chegar e ainda sen durmir, marchamos para a praia deixando os restos humanos por Castenda tirados e sobre todo, un solazo que non nos acompañou ata a mariña, pois ali facía un frío do copón.
Un fin de semana completiño, que acabou onte en Cañás, que estaban de festas e había churrasco, o malo foi a mala nova, pois alí entereime que Aurelio tibo un accidente o día anterior despois de que eu o deixara en Cerceda, pero bueno, dentro do malo, o coche non val para nada, pero el só ten un brazo roto e algún moratón.
E para este findeee..... trrr: PARDIÑAS! cos CEMPÉS de despedida
martes, 31 de julio de 2007
jueves, 26 de julio de 2007
Día da Galiza...
Ou mellor dito, da "paliza"... bufff!, un día horrible, destos de olvidar.
Empezou ben porque como sempre marchamos todas con todas as ganas hacia Santiago, preparadísimas como sempre, coas furgos cheas de viño, comida, sacos e de todo.
Nada máis chegar acompañamos a Laura ata o Festigal e o resto volvemos ó concerto que organizan todos os anos os de Briga, e ali atopamos ós de Carral, Boiro, etc...
Todo iba ben, os concertos non estiberon mal, pero non sei, non estaba eu ben.. vin algo que me fixo pensar que non iba ser unha boa noite, cando de repente... ali estaba. Doume tal baixón que non aguantei e marchei a durmir. Se non me chego a ir caía ali desmaida, foi o mellor que puiden facer, pero foi un fallo non dicirlle a ninguén onde me iba tirar, pois cando despertei pola mañá, estaba afogando coa calor, e cando levantei a cabeza non había ninguén xa ali, e o peor de todo, tiña a correa de Bolo, pero Bolo non estaba.. mimá qué sensación máis chunga. Preguntei a uns mozos que estaban un pouco máis adiante e dixeronme que non o viran, fun correndo ó coche e tampouco estaba, e non tiña nin móvil, pois quedárame dentro, asique non podía chamar a ninguén.
Fun á manifestación e de paso mirando se via a Bolo ou a alguén que o vira, chamei ó depósito de coches e díxome que o coche estaba, pero que dentro non había ningún can.. case choraba, cando collín un taxi, fun correndo a polo coche e chamei a Silvia.. nada; apagado... cando de repente chámame Marcos o de Quembre, era Silvia, e sí, o Bolo estaba con ela... ... RESPIREI.. buff, qué susto.
Fun a buscar o Bolo e estaba tan chunga, sentíame tan mal, que non desexaba máis que marchar correndo de Santiago, e asi foi, fun á praia con un amigo, e ala, a acabar o día, pero xa de mellor maneira que empezara.
Foi un día horrible

lunes, 23 de julio de 2007
BANDA BASSOTTIIII !!!!
O venres, por fin, foi o gran día, Banda Bassotti, Fermín e o resto... un concertazo do que non podo dicir máis que... alucinante! Agora só queda esperar que volvan.
Despois de vir do concerto volvín cara a Ordes, á Revoltosa, con unha xente de Ledoño (jeje, bó recordo desa xente..).
Chegamos case no final de Kastomä e claro está, os asistentes estaban xa máis paló que pacó, pero bueno, nós non ibamos moito mellor (eu polo menos creo que bastante peor)
Como anunciaron ó longo de toda a semana, había callos, tortilla, sorpresas e algo do que non avisaron: moito, moito frío. Pois para colmo vou e caio nun regato cando andaba de turismo por ali polos arredores, gracias ó que viña conmigo que me rescatou senon estaría ainda ali pudrindo, jejeje.
E xa pola mañá, despois de poñerme a secar ó lado de un bidón que tiña leña ardendo dentro, marchamos porque non quedaba nin o apuntador.
Pero a historia da Revoltosa acabou cando á unha do medio dia desperto na miña casa sen saber moi ben cómo acabei durmindo (tiña que abrir a tenda ás 10), e atopo ó resto da tropa tirada por toda a casa, alucinando e en plan "¿porqué non me despertastes?" "¿qué pasou?", jejje, que risas botamos.
E asi acabou o fin de semana, pois quedei tan rebentada que xa non saín da casa nin a por pan.
Un aplauso á Revoltosa, e sobre todo ós organizadores, pois curraron a festa, e cómo non, ó meu grupo favorito, á Banda

viernes, 20 de julio de 2007
Un feito cambia unha vida
Nunca choveu que non escampara e nun momento no que vés todo negro, é irónico que precisamente outro chasco faga que todo se vire de cores de repente, foi a gota que colmou o vaso, o que che fixo entender a frase de "do amor ó odio hai un paso"... pois foi o feito.
Jeje, pasiño a pasiño vou facendo o camiño, teño a idea, teño as trazas e agora esto... é o momento.
Son sentimentos totalmente opostos e claro está que me gustaría non telos, pero en certo modo é un alivio, pois de repente todo se aclara e o que querías segues sen poder telo, pero agora xa non o queres tampouco... É como se todo o peso que levabas enriba se esfumase nun momento, toda a dor, todo o malestar, a pena, .. umm, un alivio si.
Home, está claro que ese alivio é porque estás doída, porque te sintes puteada, ridiculizada e mil cousas e que de repente non se che arregla a vida, pero é o paso... é o acto que che fai botarte a andar, ir tirando custe o que custe, e se para eso tes que "borrar" da tua mente media vida, pois mira, mellor que sacrificar a outra media para nada... porque o que está claro é que a vida de un ten que ser o máis importante para un mesmo, o máis "valioso" e non val a pena darlla a calquera, nin a vida de un, nin o cariño, o respeto, nin nada que non mereza, "ninguén dá nada por nada".
Pero bueno, volvemos ó do outro día, "cada día parece unha vida", pois hoxe é outra totalmente distinta e só espero que sexa mellor.

martes, 17 de julio de 2007
O tempo pasa...
Cando levas un tercio da tua vida querendo a alguén máis que a nada e despois de mil historias lle sigues querendo, e che din "olvidame", sintes como se alguén che metera a man no teu interior e che exprimira o corazón e o cerebro... unha sensación moi chunga. E ainda asi queres.
Din que para iso solo hai un remedio, tempo e quilómetros.., pois neso ando.
Mañá empeza unha nova vida, que ainda que non vai arrancar de repente, vai collendo traza.
Por un lado sinto moita ilusión porque é algo que sempre quixen facer e por outro teño medo, a dicir adeus, ó que me vou atopar, a como vou reaccionar e como me vou sentir, ó que vou atopar cando volva,... pero teño a sensación de que agora ou nunca, e como non vaia desta que me vai quedar unha espiña ahí toda a vida, total.. non teño nada que perder.
Aparte, que vai ti a saber, se cadra estou moi equivocada e o meu destino está por ahi, lonxe do que sempre quixen, jejeje
De todas formas, gustaríame que ese tempo necesario para deixar de sentir o que sinto, que xa formara parte do pasado e solo estibera na miña mente como un recordo, cousa que por outro lado creo que vai tardar máis do que me gustaría.
O que si que vexo é que cando estás do lado de fóra é moi facil opinar, pois todo aquel que me coñece ou me quere algo, me di que teño que pasar páxina, joder, claro, nin que fora tan facil...
pero bueno, algún día serei eu a que estea dese lado, a que sonría recordando o pasado e todo eso que agora non podo. TEMPO Ó TEMPO ¿non é?

lunes, 16 de julio de 2007
Finde pasado por auga

O tempo pasa e con el pasan cousas... ata ahí todo ben.
Pois esta fin de semana pasaron moitas cousas, o venres estaba tan feita polvo de toda a semana por ahí, que xa nin saín e reserveime para o sábado. O sábado non empezou moi ben, pois quedeime durmida no sofá e levanteime un tanto peor do que estaba, pero todo cambiou ás catro ou asi, cando Bolo mais eu collemos a Silvia e arrancamos direción Caldas de Reis. Ali foi o Cultura Quente este finde, jeje, e a verdade é que o que tibo de quente foi o Bolo, mimá como andaba.
Chegamos preto das seis, buscamos as outras e levamos o coche xunto ós delas para facer campamento cos buguis.
Unha vez establecido un lugar de encontro, fomos dar unha volta por Caldas á busca das augas quentes. Como non podía ser de outra forma, Silvia levounos á fria, jeje, ten unha orientación..
No paseo acompañaronnos Fresh e Mario (Boiro) e Cristina e Iria (Santiago), e fomos batendo con máis xente, como por exemplo, a xentuza de Carral que por ali andaba, Martín e Silvia, Aurelío, ... e coñecemos a un tipo finlandés que tocou a noite anterior e que como pasou case toda a noite con nós, deulle un toque internacional á velada, nestos casos é cando te das conta do inutil que é o inglés que che ensinan na escola, pois despois de tantos anos estudiando o idioma non temos nin p.i.
Despois do paseo e con fame, fomos cear as tortillas das churris que me regalaron as rapazas polo meu cumple, estaban boisimas, levantamos campamento, deitamos a Bolo e ala, ós concertos.
Os concertos a verdade é que non me gustaron moito, paseino moi ben, pero musicalmente, Caldas paréceme un pouco bastante popis e non creo que volva a verdade, e para colmo choveu case toda a noite, cousa que apurou o retonno ó coche, porque nos mollamos ata a médula.
E ainda que os concertos non me gustaron demasiado, bailamos, bebemos e en fin, fixemos festa ata case pola mañá, quedando como única pega da noite a cámara de fotos, que outra vez foi ó carallo.
Xa pola mañá, fomos ó pilón (esta vez con auga quente) a lavar os pés, e alucinei co poder milagreiro da auga, pois arranca as peles mortas que dá gusto.
E isto foi todo, secamos os pés e ala, de volta pa Ordes a agardar outra festa.
De todas formas, esta semana vai ser máis curta, pois hoxe é cumple de Lola e o venres xa está ahí, con Banda Bassoti e Fermín en Santiago... iujjuuu!!!
martes, 10 de julio de 2007
Cada día parece unha vida
¿Iso é bo ou é malo? Digo porque un dia todo vai ben e ó dia seguinte non pode empeorar do mal que vai. A pregunta de se é bo ou malo vén a que non sei se estos contrastes se deben a que todo se move e todo é circunstancial, ou a que simplemente uns dias préstaslle máis atención ós problemas e outros menos...
Hoxe por exemplo estou fatal, a vida que eu pensei que vivía xa non existe e home claro que non foi de repente, pero hoxe véxoo... jeeje, é de coña porque ainda que é un proceso longo que tibo un fin, o realmente doloroso non é o proceso, é o fin. E o outro día chamaronme melancólica, e miras no dicionario e di que é un estado de ánimo que se caracteriza por unha tristeza profunda.. é de coña. Pero por outro lado doe, ¿como controlas iso? realmente parece fácil porque eres consciente do que pasa, eres consecuente, enténdelo, pero non podes facer que non doa, entón qué?, mellor rir cada vez que teñas ganas de chorar, brincar cando sintas ganas de matar a alguén, non sei, non é nada doado
Bueno, veremos qué pasa mañá, e xa postos a pedir "que sexa estupendo"..

lunes, 9 de julio de 2007
FESTICHAN 2007
Este fin de semana tocou Moaña, o Festichán, que ainda que este ano os grupos non me gustaron tanto como os outros, chapó para os da organización, para a xente, o ambiente e toda a festa en si.
Foi unha noite un tanto rara porque entre coincidencias inoportunas, xente que tiñas ganas de ver, xente que te alegraches moito de ver, xente estupenda que coñeceches... rara, pero boa.
O bó desta festa é que é o primeiro festival no que bates ca xente, despois ó longo do verán valos vendo de novo nos outros e mola, é xente que coñeces só de festa, pero de bó rollo, e sempre que volves a velos danche o mesmo, está ben. É unha pena non ter con quen compartilo, pero todo se andará...
Pois de ahí coñecín xente o ano pasado coa que me pasou, sigo mantendo contacto con eles e segue habendo bó rollo, estaban os de Moaña, (xente dos patajullos sobre todo), os de Boiro, os de Cangas, xente de Noia, .. boa xente que vas coñecendo e que sempre é agradable ver.
Tamén está ben o da zona de acampada, pois coa de árbores que ten hai moita folla no chan e se caes, prácticamente non o notas. Iso para min é un punto a favor, pois non sei como me apaño que sempre ando polo chan arrolando.
Pois eso, o meu festival favorito do ano non me defraudou.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)