lunes, 23 de julio de 2007

BANDA BASSOTTIIII !!!!

O venres, por fin, foi o gran día, Banda Bassotti, Fermín e o resto... un concertazo do que non podo dicir máis que... alucinante! Agora só queda esperar que volvan.

Despois de vir do concerto volvín cara a Ordes, á Revoltosa, con unha xente de Ledoño (jeje, bó recordo desa xente..).
Chegamos case no final de Kastomä e claro está, os asistentes estaban xa máis paló que pacó, pero bueno, nós non ibamos moito mellor (eu polo menos creo que bastante peor)
Como anunciaron ó longo de toda a semana, había callos, tortilla, sorpresas e algo do que non avisaron: moito, moito frío. Pois para colmo vou e caio nun regato cando andaba de turismo por ali polos arredores, gracias ó que viña conmigo que me rescatou senon estaría ainda ali pudrindo, jejeje.
E xa pola mañá, despois de poñerme a secar ó lado de un bidón que tiña leña ardendo dentro, marchamos porque non quedaba nin o apuntador.
Pero a historia da Revoltosa acabou cando á unha do medio dia desperto na miña casa sen saber moi ben cómo acabei durmindo (tiña que abrir a tenda ás 10), e atopo ó resto da tropa tirada por toda a casa, alucinando e en plan "¿porqué non me despertastes?" "¿qué pasou?", jejje, que risas botamos.

E asi acabou o fin de semana, pois quedei tan rebentada que xa non saín da casa nin a por pan.

Un aplauso á Revoltosa, e sobre todo ós organizadores, pois curraron a festa, e cómo non, ó meu grupo favorito, á Banda

No hay comentarios.: