martes, 11 de noviembre de 2008

PRECIPITARSE...

... actuar con présa

E présa é precisamente das cousas que non teño, e non quere dicir que non teña ansia, soños, ganas nin nada, senon que "sen présa pero sen pausa".



Hai tantas cousas por facer nesta vida que o difícil é facelas todas, e se algo temo é o de chegar ó meu cadaleito e pensar "merda, canto non fixen", pero tamén penso a día de hoxe, que todo o que queremos non é doado levalo a cabo porque o máis seguro é precisamente eso, que non nos chegue o tempo, porque temos moitos anelos ou porque sempre queremos o mesmo, según nos imos formando como persoas e imos medrando, tamén imos tendo novos soños, novos gustos, novas metas. Estaría ben poder parar o reloxio e que con el se parase o tempo, pero non para.

E aqui tamén podes atoparte en moitas situacións, pois pode pasar, que che parece que estás levando as cousas a ritmo, sen présa, e en realidade estaste tirando de cabeza e daste conta cando bates coa cabeza no chan, é dicir, tarde! E iso, é algo que normalmente non ten remedio, ou por outro lado, e tampouco quero dicir que sexa mellor, pensas que levas as cousas a ritmo pero pásaste de paciencia e cando te das conta perdeches o tempo tontamente sen que che dera tempo a facer o que realmente querias...

Entón, ¿qué nos queda? ¿que é o mellor? e sinceramente non o sei, non me gusta precipitarme e bater no chan, pero tampouco me gusta quedar ahi, a velas vir... ainda que se teño que escoller entre as dúas situacións, eu creo que prefiriría unha vida chea de golpes porque me tirei mil veces sen mirar se había auga, que non unha na que me quede coa duda de "¿e se me tirara?"

A todo isto podo dicir, que menos mal que teño a cabeza dura...

miércoles, 15 de octubre de 2008

UNHA CHARLA..

O que son as cousas... agora mesmo falaba con un bó amigo de cousas, cousas da vida, que lle pasan a prácticamente todo o mundo polo menos algunha vez. Nós falabamos da dor que podes sentir por algo, algo que che pasou, algo que che fixeron... algo, e comparabamos o que sentes se che pasa por un motivo ou por outro, destas charlas que son moi profundas, tanto, que claro, cada un ten o seu fondo, e cada un está pensando nunha cousa, e chegamos a unha conclusión, e é que doe, é dicir, o mesmo feito, dá igual que veña de un lado ou de outro, e dá igual que sexan palabras, unha mirada ou unha patada, doe igual, e acordoume un artigo que lera na voz de galicia fai uns meses, no que dicían que atoparan o cromosoma, ou xen ou a partícula que fora, que non me lembro, que é a causante da dor, e anulando eso, a xente non sentiría dor... ¿pero realmente queremos eso? porque claro está que cando algo che doe, desexas con toda a tua alma que cese ese sentimento, pero non sentir dor? se non sentes dor non sabes a diferencia co sentimento de placer, porque ti sabes que algo che gusta porque non sintes dor, nin noxo, nin nada negativo, pero se non coñeces o sentimento de dor... Non sei, qué se chegaría a sentir, pero non creo que fora gusto, nin placer, nin nada parecido, e senon supoño que tamén cansaría e xa non o sentirías igual.
Eu sinto dor, e jódeme, como a todo o mundo, pero por nada anularía ese sentimento, pois é parte de nós, a nosa capacidade de sentir tamén nos define, e penso que unha persoa que sufre moito, tamén pode chegar a gozar igual, e digo igual querendo decir, na mesma proporción. Unha persoa que non sufre por nada para min é case un ser inerte, e non sei se realmente é capaz de sentir placer, amor ou benestar simplemente... Non sei, é moi complexo..

Pois nada, a sentir! e a poder ser, canto mellor sexa o sentimento, mellor..

sábado, 6 de septiembre de 2008

O que non é, non é!

Xa vai facer dous anos de que a miña vida se truncou, e digo truncou porque o que máis quixen na miña vida me traicionou e todo cambiou. Todo enfocado a unha finalidade, pasar o resto da miña vida con el, e de repente, todo ó carallo. O meu pasado, o meu presente e o meu futuro, xa non tiñan sentido, e eso que ainda non o sabía. A rabia, que me invadía non me deixaba ver o que pasaba, e en lugar de perdoar, odiei, e odiei tanto que unha mala serpe se aproveitou e hoxe recive o cariño que era pra min. Dous anos despois e sinto a mesma paixón por el que o primeiro día que me bicou, paixón que estivo sempre ahi, por e pra el, e que nunca foi suficiente. Pero algo está cambiando...
A opinión da xente que me quere é positiva, venme mellor que cando estaba con el, ven que agora son eu mesma, pero tamén ven que teño que pechar a porta á esperanza de que algún día me queira, e abrirlla a quen agora me está querendo, e que por certo me fai sentir cousas que non sentín nunca. Teño medo a apaixonarme, a querer e que me volvan a facer dano, á traición... Filofobia creo que se chama, algo que eu non sabía que existía, e que non só me explica moitas cousas, senon que me dá esperanza de que algún día poida querer como me gusta querer, incondicionalmente e sen medo a facelo.
Moitas cousas en común, moitos gustos e finalidades parecidas, ... ilusión.
Non recordaba o que se sentía cando sentes ilusión con algo, nen o que se sente cando un simple roce fai que te estremezas, que sintas que estás viva, ... pechar portas pra abrir outras, eso precisamente é o que nin quero nin quería. Non quero querer a alguén por despeito, ou pra olvidar, ou pra facer rabiar, tampouco busco un sustituto do que tiña, nin un remedio pra o meu malestar... non quero eso, non busco, non quero que todo se base nun recordo, que o amor que poida sentir sexa eso, un sustito do que tiña e que me estea recordando sempre o que perdín... non quero eso. De ahi, que non busque, eso creo que ou é ou non é, pero non se pode forzar.
A miña ilusión ten fundamento, non ten nada que ver co meu pasado, nin co meu presente sequera, non me recorda nin me leva a nada pasado, é cen por cen meu, apareceu sen avisar e ainda está ahi, vai surxindo algo, imos facendo por que sexa algo, pero sen forzar nada, simplemente porque está ahi, na miña cabeza, no meu corazón... Non podo dicir quérote, pero sei querer, non podo comprometerme a nada, pero son comprometida en todo, non é ainda o meu amor, porque eso ainda non me pertence, pero pode chegar a selo...
Non busco, pero aparece... Son horas de mirar pra diante, olvidar e deixar que o meu corazón volva a ser meu pra poder algún día entregalo a quen queira e a quen me queira. Non quería deixar o pasado ali, no pasado, non quería seguir adiante, porque ainda tiña esperanza, pero xa non... Xa me rendín fai tempo, pero agora por fin o vexo... o que non é. non é!