Este fin de semana tocou Moaña, o Festichán, que ainda que este ano os grupos non me gustaron tanto como os outros, chapó para os da organización, para a xente, o ambiente e toda a festa en si.
Foi unha noite un tanto rara porque entre coincidencias inoportunas, xente que tiñas ganas de ver, xente que te alegraches moito de ver, xente estupenda que coñeceches... rara, pero boa.
O bó desta festa é que é o primeiro festival no que bates ca xente, despois ó longo do verán valos vendo de novo nos outros e mola, é xente que coñeces só de festa, pero de bó rollo, e sempre que volves a velos danche o mesmo, está ben. É unha pena non ter con quen compartilo, pero todo se andará...
Pois de ahí coñecín xente o ano pasado coa que me pasou, sigo mantendo contacto con eles e segue habendo bó rollo, estaban os de Moaña, (xente dos patajullos sobre todo), os de Boiro, os de Cangas, xente de Noia, .. boa xente que vas coñecendo e que sempre é agradable ver.
Tamén está ben o da zona de acampada, pois coa de árbores que ten hai moita folla no chan e se caes, prácticamente non o notas. Iso para min é un punto a favor, pois non sei como me apaño que sempre ando polo chan arrolando.
Pois eso, o meu festival favorito do ano non me defraudou.
No hay comentarios.:
Publicar un comentario