martes, 17 de julio de 2007

O tempo pasa...

Cando levas un tercio da tua vida querendo a alguén máis que a nada e despois de mil historias lle sigues querendo, e che din "olvidame", sintes como se alguén che metera a man no teu interior e che exprimira o corazón e o cerebro... unha sensación moi chunga. E ainda asi queres.
Din que para iso solo hai un remedio, tempo e quilómetros.., pois neso ando.
Mañá empeza unha nova vida, que ainda que non vai arrancar de repente, vai collendo traza.
Por un lado sinto moita ilusión porque é algo que sempre quixen facer e por outro teño medo, a dicir adeus, ó que me vou atopar, a como vou reaccionar e como me vou sentir, ó que vou atopar cando volva,... pero teño a sensación de que agora ou nunca, e como non vaia desta que me vai quedar unha espiña ahí toda a vida, total.. non teño nada que perder.
Aparte, que vai ti a saber, se cadra estou moi equivocada e o meu destino está por ahi, lonxe do que sempre quixen, jejeje
De todas formas, gustaríame que ese tempo necesario para deixar de sentir o que sinto, que xa formara parte do pasado e solo estibera na miña mente como un recordo, cousa que por outro lado creo que vai tardar máis do que me gustaría.
O que si que vexo é que cando estás do lado de fóra é moi facil opinar, pois todo aquel que me coñece ou me quere algo, me di que teño que pasar páxina, joder, claro, nin que fora tan facil...
pero bueno, algún día serei eu a que estea dese lado, a que sonría recordando o pasado e todo eso que agora non podo. TEMPO Ó TEMPO ¿non é?

No hay comentarios.: