
O tempo pasa e con el pasan cousas... ata ahí todo ben.
Pois esta fin de semana pasaron moitas cousas, o venres estaba tan feita polvo de toda a semana por ahí, que xa nin saín e reserveime para o sábado. O sábado non empezou moi ben, pois quedeime durmida no sofá e levanteime un tanto peor do que estaba, pero todo cambiou ás catro ou asi, cando Bolo mais eu collemos a Silvia e arrancamos direción Caldas de Reis. Ali foi o Cultura Quente este finde, jeje, e a verdade é que o que tibo de quente foi o Bolo, mimá como andaba.
Chegamos preto das seis, buscamos as outras e levamos o coche xunto ós delas para facer campamento cos buguis.
Unha vez establecido un lugar de encontro, fomos dar unha volta por Caldas á busca das augas quentes. Como non podía ser de outra forma, Silvia levounos á fria, jeje, ten unha orientación..
No paseo acompañaronnos Fresh e Mario (Boiro) e Cristina e Iria (Santiago), e fomos batendo con máis xente, como por exemplo, a xentuza de Carral que por ali andaba, Martín e Silvia, Aurelío, ... e coñecemos a un tipo finlandés que tocou a noite anterior e que como pasou case toda a noite con nós, deulle un toque internacional á velada, nestos casos é cando te das conta do inutil que é o inglés que che ensinan na escola, pois despois de tantos anos estudiando o idioma non temos nin p.i.
Despois do paseo e con fame, fomos cear as tortillas das churris que me regalaron as rapazas polo meu cumple, estaban boisimas, levantamos campamento, deitamos a Bolo e ala, ós concertos.
Os concertos a verdade é que non me gustaron moito, paseino moi ben, pero musicalmente, Caldas paréceme un pouco bastante popis e non creo que volva a verdade, e para colmo choveu case toda a noite, cousa que apurou o retonno ó coche, porque nos mollamos ata a médula.
E ainda que os concertos non me gustaron demasiado, bailamos, bebemos e en fin, fixemos festa ata case pola mañá, quedando como única pega da noite a cámara de fotos, que outra vez foi ó carallo.
Xa pola mañá, fomos ó pilón (esta vez con auga quente) a lavar os pés, e alucinei co poder milagreiro da auga, pois arranca as peles mortas que dá gusto.
E isto foi todo, secamos os pés e ala, de volta pa Ordes a agardar outra festa.
De todas formas, esta semana vai ser máis curta, pois hoxe é cumple de Lola e o venres xa está ahí, con Banda Bassoti e Fermín en Santiago... iujjuuu!!!
No hay comentarios.:
Publicar un comentario