Levo unha temporada que me noto coa cabeza tan alta, que xa parece que vou mirando para arriba e non ó frente.. Qué facil é ser feliz cando te sintes ben, e é entón cando pensas "voume sentir asi sempre, nunca máis me vou rallar con tonterías e nunca máis lle vou dar importancia a estas cousas", jjajaja... ata que de alí a uns días por calquera cousa volves a estar na mesma. Somos jilipollas e incluso podo dicir que somos uns ilusos e moi, pero moi débiles e moi pero que moi simples.
Fun de vacacións e paseino tan ben que volvía para aqui depresiva, a depresión posvacacional esa, xa a empecei a padecer no camiño de volta, pero ó día seguinte cando me levantei para traballar e vin a toda esa xente preguntándome que tal as vacacións, se fora a Euskadi ou non e todas esas cousas que se preguntan, creinme feliz, creinme feliz e creinme persoa. Unha persoa que se interesa polos demáis, pero que ó mesmo tempo da que tamén se interesan, e iso é tan placentero como o amor propiamente dito. Chamadas da xente que coñecín, emails, chamadas dos meus amigos mentras estaba fora, mensaxes de benvida ou de un pracer coñecerte.. tantos bos pensamentos hacia un, tantas boas intencións, que lle levantan o ánimo a calquera. Creo realmente que non sabemos apreciar o que temos, e ter un espíritu nobre é das mellores posesións que a vida che pode brindar... e eu non sei se o teño, pero cada día me convenzo máis de que só cando o alcance ou cando o recoñeza serei plenamente feliz.
Non sei cómo expresar todo o que sinto, pero digamos que a soidade estame axudando a ser e cando antes tiña o meu amor concentrado nunha soa persoa, agora sinto amor pola vida, por todo o que ela implica e por todo o que ela me vai brindando. Quero, e gústame a sensación de sentirme querida sen compromiso, sen obrigación, só porque si.
Ama e deixa que te amen!
Iso é un bó pensamento, e é unha boa forma de pensar; pensar en positivo, pensar que non hai mal que por ben non veña, pensar que nunca choveu que non escampara, pensar.. e non fondo non pensar en nada senon simplemente ser.
martes, 1 de abril de 2008
Suscribirse a:
Comentarios de la entrada (Atom)
1 comentario:
Hello. This post is likeable, and your blog is very interesting, congratulations :-). I will add in my blogroll =). If possible gives a last there on my blog, it is about the Celulite, I hope you enjoy. The address is http://eliminando-a-celulite.blogspot.com. A hug.
Publicar un comentario