Na miña vida solo tiven unha paixón, e agora é a miña penitencia. Sinto que non teño unha ilusión nin nada que me anime a nada, non teño un camiño, algo que me interese ou algo que sexa unha constancia na miña rutina... e en parte é bó, pero noto ese vacío en min. Sigo tendo a penitencia recordándome que o é cada día que pasa, nada máis levantarme lembro o que quixen e que agora non teño... pero e porqué?
Esa si que podo dicir que é unha constante na miña vida, esa pregunta, ¿porqué sinto o que sinto? é algo que cada día me custa máis entender porque nin debería sentir o que sinto, nin o merezo nin o merece, sequera. Agora entendo cousas como que un meniño lle siga querendo ó pai ainda despois de unha boa malleira, ou as mozas que siguen coas suas parellas ainda despois de aguantar desprezos e vexacións un día e outro, é un amor sen sentido, un amor sen condición, un amor que ó fin e ó cabo é unha enfermidade.
Peeroo.. todo se cura, solo hai que querer e deixar que pase.
Hai xente que non sirve nin para que sexan bós con eles, xa aparte de que eles o sexan ou non. Prexuicios, erros que lles parece que se cometen toda a vida, .. en fin, supoño que ó fin e ó cabo, PREPOTENCIA E CHULERÍA.
Pero como se soe dicir, ten que haber de todo, e asi, cando un se dá conta desto, dase de conta de que ese oco que nota no seu interior, non é tan vacio, non está tan oco, senon todo o contrario e cada día está un pouquiño máis cheo de cousas boas polas que interesarse, de sentimentos bos que lle fan a un sentirse mellor, ... non sei..
A cabeza, o corazón,.. qué pouco nos coñecemos e qué pouco nos dominamos, pero iso fai que a vida sexa un pouco máis interesante, porque nunca sabes realmente cómo vas reaccionar, nin o forte que podes chegar a ser, nin todo o que podes chegar a amar.
martes, 18 de marzo de 2008
Suscribirse a:
Comentarios de la entrada (Atom)
No hay comentarios.:
Publicar un comentario