
Pois si, como bos demos estabamos na gloria ali no inferno, jajaj... Moi boa música, moi boa xente, moi bó ambiente... todo estupendo a verdade.
O festival foron dous dias, o venres e o sábado, e a verdade é que me encantaron os grupos dos dous dias, ainda que se cadra (aparte de Gatillazo que foron os mellores do venres), os que máis me gustaron foron os do sábado... un pouco máis cañeiros ainda.
Chegamos ali o venres xusto cando empezaba Gatillazo e foi unha pena porque nos perdemos a Nao, pero é que empezaron moi cedo. Fixemos unha primeira exploración á discoteca onde se facía e despois xa nos soltamos por ali para dalo todo.
Estibemos ata o final e marchamos ó pobo a sair ali, bueno, realmente estibemos solo no Inferno (no bar), que estaba petado e onde recibiron a Bolo moi ben, fixo moitos amigos ali, ali ademais vimos máis xente coñecida, como por exemplo ós de Boiro, que estaban unha boa tropa. Ás mil fomos durmir e ó día seguinte máis do mesmo, pois á unha estabamos almorzando unha boa cunca de viño, comemos, pasamos o día por ali a voltas con uns rapaces de Lalin e de Ourense, aparte dos que xa viñan con nós e outra vez pa dentro. O venres ademáis perdín un moedeiro no que levaba o carné de conducir e o dni, e foron unhas risas cando dentro da discoteca no segundo ou terceiro concerto, se me achega un tipo e dime ¿ti eres Candal?, e eu si, pois tes un moedeiro con dous carnés no inferno, jajaja, que risas e vaia coincidencia atoparme entre tanta xente.
Acabou o concerto e ala, ó inferno outra vez e ata o día seguinte...
Moitos rencontros, moitas anécdotas e sobre todo o desafogo e o bó rollo que che deixa unha festa deste tipo, que ó fin de contas é o mellor, ter algo máis que contarlle ós teus netos.
