
E para castañazo o que nos pillamos nós,... festón do copón, moi boa xente e moitas risas e anécdotas de un festival que recordaremos sempre como un sitio para volver.
O mellor sen duda (aparte dos nosos inimitables Zënzar), os Rastreros, que nin os vira nunca porque estaban disoltos como grupo, nin oira falar deles. Coñecía algunha canción de oilas por ahi nalgún bar, pero non sabía quenes eran.
A noite empezou con moito frío en Chantada, e cando nós chegamos ainda non había moita xente porque estaban todos ceando, pero dimos unha volta, vimos ó de Soak co tenderete montado e xa nos avisou para outra festa, o festival Furtivo, que será en Cangas o vindeiro 28 de decembro.
Empezou a chegar xente, empezaron os concertos e empezamos a entrar en calor, no segundo concerto Bolo xa tiña o pase para os camerinos onde estaban os músicos, jajaj, é un artista o Bolo, e alucinei, porque a xente quedaba pasmando para el como se nunca viran un can, e non sei eu, pero será por cans en Chantada...
Como dicía, o mellor foron os Rastreros, que se cansaron de bises e alucinaron co apoio que lles dei a xente, estaba todo o mundo entregado con eles, gustaron e fixeronnos sudar máis ainda se cabe que os outros grupos, e eso que cando tocaron eles xa estabamos todos extasiados da caña que meteron todos os grupos, porque se saliron todos do mapa. Aparte houbo sorpresas, como os Diplomáticos, que apareceron sen estar anunciados ainda que todo o mundo contaba con eles, Xan o dos Papaqueixos, e un lote de xente que pasou por ese escenario. Tamén os Cuchufellos, que melloraron moito, e sempre que os vexo me sorprenden.
Cando remataron os concertos, a festa seguía sendo a protagonista, fixemos castañas, acabamos de emborracharnos, un acordeonista acabou de cansarnos tocando ata ben entrada a mañá... moitas risas, moita xente... asi da gusto ir a unha festa... e pola mañá Pulpoo..
No hay comentarios.:
Publicar un comentario