martes, 23 de febrero de 2010

CANDO NON SABES MOITO CARA A ONDE TIRAR...

... e supoño que asi nos sentiremos todos moitas veces. Desto que miras a un lado e non vés ningúnha frecha que che indique, miras ó outro e tampouco.. miras miras e non vés ningunha, e pregúntaste ¿e por onde será?

Hai moitas veces que ter que tomar unha elección é duro, difícil ou mesmo unha putada, pero cando non tes que tomar ningunha... só vés que esta non é a túa, pero non podes nin optar por tirar hacia outra porque non a tes, ou polo menos non a vés. Deberíamos ter un indicador, algo que nos dixera hacia onde apuntar pois como moitas veces dixemos, "o que a sigue a consigue", pero ¿seguir qué? ¿cara a onde?, e cando chegas a este punto ségueste afirmando "algo ten que haber" pero é unha afirmación que te leva a máis preguntas e asi non só non vés cara a onde debes tirar, senon que se che olvida que debes moverte porque unha pregunta te leva a outra e acabas cheo de dudas que realmente non teñen nada que ver co que inicialmente te preguntabas. Somos asi de complicados, somos asi de inxenuos, tanto que nos parece que con facernos preguntas a nós mesmos chegaremos a algún tipo de resposta que nos arreglará a vida, ou polo menos a duda... En fin! Chegados aqui, é cando pensamos:

"PENSAR É DE BURROS"

No hay comentarios.: