miércoles, 2 de diciembre de 2009

SALES UN DÍA DA TUA CASA...

... e cando volves cambiáronche a cerradura.

Supoño que así é como se sente a saharaui Aminatu Haidar, da que se fala moito últimamente por estar retida nas Canarias.

A esta muller néganlle a entrada en Marrocos por dicir que é do Sahara, ela non se sinte marroquí e non pide a entrada a dito país, senon que a pide ó seu, ó Sahara.

Agora danlle de alternativa un pasaporte español ou un marroquí, pero ela non pide eso, pide o seu, o que tiña, e a solución non pasa por ahi. Está claro que non lle queren dar o que pide porque entón terían que recoñecer o Sahara como país e eso non lles convén, pero tampouco poden pretender que esta muller renegue do que é, que ignore a súa identidade saharaui, porque senon todo o feito ata entón, todas as vidas que quedaron atrás, todas as penurias pasadas e o fin e ó cabo toda a sua historia quedaría olvidada, sería inutil, inexistente.
Ela di que non pode aceptar porque ainda que volva faríao sen a súa dignidade, para ela non é indigno vivir no medio dun deserto olvidados ali como se foran monstros, bandidos ou qué sei eu, para ela é indigno perder eso polo que loitan que é un país, entendo que non se sintan moros despois de todo o que lle están facendo á sua xente, nen españois despois de todo o que lle fixeron, entendo que queiran ser o que son, o que sempre foron, pois querémolo todos, e un país non se resume a un cacho de terra emprestado, ...
Non sei cómo acabará todo esto, pero creo que xa van sendo horas de coller o touro polos cornos e buscar unha alternativa real de unha vez por todas, porque xa está ben de carpetazo e a outra cousa e de solucións a medias, porque ainda que esta muller aceptase, ¿qué pasará cando outro saharaui queira un billete de ida e volta á sua terra?
Xa está ben de guetos, de non deixar vivir, e de intentar meter a todos polo mesmo aro, pois a individualidade é un dereito pra todo o mundo por igual!
Respeto á vida, igualdade de oportunidades e dereitos, liberdade de expresión... creo que os países do primeiro mundo merecemos unha leción que nos ensine de unha vez por todas todo o que eso significa.

¡DIGNIDADE!: honestidade, seriedade e decoro no xeito de se comportar, respectabilidade, cargo ou título honorífico e de autoridade..... non é imposible ¿a que non?

No hay comentarios.: