Con isto non me refiro a se era merecida ou non, nen a se foi unha morte xusta ou non, senon ás costumes que conleva.
Aparte de crencias e de formas de morrer, están as costumes que conleva a morte.
En algúns sitios o morto non se deixa solo ata que se lle dá sepultura, noutros iso da igual e a partir de certa hora pechan o velatorio e deixan o defunto quedar ali coa sua única compaña, hai xente que bota mil rezos pra desexarlle unha boa viaxe e sobre todo o perdón, outra desexa iso pero dun xeito máis persoal e en lugar de oracións fai memoria da sua vida, hai persoas que deixan todo listo pra que o seu enterro sexa tal e como el quere, outros en cambio non deixan nin o testamento amañado, hai persoas que aceptan o duelo, outras non, hai xente que vai ós enterros a ver ós que quedan vivos ou a informarse dos ultimos cotilleos, outras van co seu máis sentido pésame a acompañar a familia, senon xa non van,... e asi poderíamos citar miles de costumes que se levan a cabo en torno a esta cerimonia, a do enterro.
Onte vin outra costume que non coñecía e que me parece a parte de moi boa idea, moi sensata. Un enterro parece cousa fácil e parece que non custa nada, porque a quén non lle tocara preto, nunca viu unha factura, nen un presuposto, nen se fai a máis mínima idea de todas as cousas que hai que facer para levalo a cabo, simplemente porque son cousas atípicas nunha conversación e moitas veces incluso tabúes.
Aqui a costume máis común, é a de levar flores, coroas de flores ou ramos, cos que buscas un consolo para a familia e un cariño para o defunto, e é unha costume moi común, pero ó mesmo tempo un tanto estúpida, pois estás matando unha flor (que son dúcias en total) pra conmemorar a unha persoa morta, para o cal sería máis razonable regalar unha planta viva que acompañe o defunto no seu descanso, ou senon o que vin onte, en lugar de gastar esos cartos en flores, todos os veciños do defunto fan unha pequena doazón para sufragar os gastos do enterro, e si, sei que é un pensamento materialista ou o que queiras, pero se a familia ten con qué xa non digo nada, pero se non ten moitos medios económicos, oxe en día na nosa sociedade capitalista celebrar un enterro co funeral e todo é case tan caro como un coche, é dicir, que non todo o mundo pode pagalo, e que moita xente ten que pedir un préstamo para poder facelo... TRISTE, PERO CERTO!
En fin... ver pra crer, e mellor dito, ver pra aprender! E xa de paso, unha vez que nos paramos a pensar un pouco nesto, dicir que cando me toque, non necesito flores, nen necesito nada porque estarei morta, pero se che dá por levarme flores, que sexan vivas, e se vés que teño moitas, dalle as miñas a outro que non teña ningunhas, e se o prefires, eu preferiría que esos cartos os gastases invitando a unha ronda á miña saúde, por exemplo, e se tampouco queres facer eso, tamén me gustaría que a miña xente non sufrira asi que tamén me vale que organices un concerto, concurso de chistes ou algo asi... e se o que conta é a intención, pensa que con que intentes recordarme xa é suficiente!
Suscribirse a:
Comentarios de la entrada (Atom)
No hay comentarios.:
Publicar un comentario