... un dos dereitos humanos máis importantes, é o da igualdade, "todos somos iguais independentemente de raza, sexo ou relixión", cousa que aparece tamén na costitución española e na maior parte de escritos e leis ou estatutos que hai de Estado, Autonomía ou o que sexa, pero á hora da verdade, nada máis lonxe da realidade!
Hai moitos feitos denunciables e moitas inxustizas, poderíamos encher milleiros de blogs protestando ante actos de crueldade, tratos discriminatorios e un longo etc, no que prefiro xa nin entrar, pero estos días hai un caso aqui na Galiza que me chamou a atención, e é o da familia xitana de Ourense á que lle queren quitar o fillo menor de idade porque padece obesidade mórbida.
O neno, chegou a pesar 83 kilos, pero en canto os servicios sociais se meteron polo medio, a sua familia tomou medidas coa sua dieta e estaba xa en 70kg, cando un xuiz decidíu que ese neno debía pasar a disposición do Estado. É dicir, que o fin era quitarlle o fillo, non curalo, porque senon non o entendo.
Mentras esta familia pelexa nos xuzgados para poder conseguir que o fillo poida seguir vivindo con eles, hai centos de nenos que sofren malos tratos físicos e psíquicos, outros tantos que sofren a indiferencia dos pais e familia, outros que, no outro extremo, son uns maleducados e consentidos sen respeto ningún hacia ninguén, chegando incluso a maltratar a outras persoas, pois ben sabemos que os nenos tamén poden ser moi crueles, outros nenos pasan días enteiros mirando a tele e xogando á consola, sen apreciar que hai vida fóra da pantalla, outros non saben o que é ter unha familia, porque a súa pasa o tempo no bar, coas máquinas tragaperras, de tendas coas amigas, no bingo... etc, etc, etc, pero a esas familias non lles quitan os seus fillos.
Entón ¿que é peor? ¿que teñas un fillo gordo porque nunca tiveches unha educación alimentaria que o impida, ou que teñas un fillo que vive prácticamente solo sendo menor de idade porque vives a tua vida sen telo en conta? ¿ou porqué contra estos actúan e contra tantos outros non fan nada? Eu creo que a resposta a esta pregunta é evidente, e por iso me parece moi inxusto o que fan con esta xente, e penso que se non foran xitanos, o rapaz estaría tan tranquilo comendo os seus pasteliños na casa, cousa que de feito, pasa en milleiros de fogares, nos que estar delgado non é saúde, é solo cousa de modelos, e imposible.
Non sei cómo podería axudalos, pero dende aqui quero amosar o meu apoio a esta familia, e denunciar o trato inxusto que están sufrindo.
Ou pa todos, ou pa ninguén, pero creo que hai nenos que sí necesitarían que alguén mirase por eles como esta familia fixo co seu fillo.
jueves, 26 de noviembre de 2009
Suscribirse a:
Comentarios de la entrada (Atom)
No hay comentarios.:
Publicar un comentario