viernes, 2 de octubre de 2009

NON TEÑO DEREITO... TEÑO SENTIMENTO!

Mirei ó frente e ó verte vinme a min, pois todos os meus sentidos estaban xa en ti.
Mirada clavada nese sonriso, oido atento á tua dozura, olfato agudizado invitando a provar o sabor que desprendes, o meu tacto invitado pola tua suavidade, gusto... ¡qué gusto!
Volvín a mirar e xa non estabas, a miña alma volvía a estar en min, pero xa non era a mesma, de repente sentía curiosidade, ilusión... ¿ou serías unha ilusión da miña mente, un simple engano dos meus sentidos?
Corazón palpexante ó pensar en ti, alegría ó oir a tua voz, incluso o teu nome, nerviosismo coa tua presencia, angustia coa tua ausencia... non podía ser un simple engano, algo estaba pasando.
Sensación de medo, sensación de angustia, sensación de ansia... Medo á dor, angustia porque non estás, ansia por estar contigo, curiosidade por saber se é certo, se existes tal e como existes na miña cabeza, no meu corazón.
Volvín a mirar e pareceume verte, á segunda mirada xa te vin de novo. Era o que eu me imaxinaba, sentín máis ansia, máis curiosidade, máis ganas, pero tamén máis medo a ti. Medo a non saber, medo a non ter, medo á dor...
Non teño dereito a estrañarte, tampouco o teño a querer volver a terte, non teño dereito a nada porque non son nada no tempo, e seino, pero téñote na miña cabeza dende ese día que por primeira vez te vin.
É raro tanta intensidade, é raro e ó mellor increíble, pero está ahí e síntoo.
Sensación de que en pouco tempo vivín unha vida, moi corta pero moi intensa, e que espero que non rematara, que fora un simple primeiro paso a unha nova vida e moi longa.

No hay comentarios.: