Cando unha non ten que pensar máis que en sí mesma, todo cambia. Cambia a forma de ver as cousas, a forma de organizar o tempo, a forma de pasar ese tempo, cambia incluso a forma de sentir. Todo é máis fácil, parece como que nada che importa porque se hai algo que non che gusta solo tes que deixalo de lado, sen máis, non tes que dar explicacións, non tes que facer nada por forza, nen por quedar ben, nen por nada máis que porque ti queres.
Vas e vés sen mirar a quen deixas, fas e desfas sen preocuparche o que quede, dis ou calas sen pensar no que podes provocar... é como se nada importase. ¡Nada máis lonxe da realidade!
Importa todo, sempre, incluso cando parece que non, pero como non tes que rendir contas nin tes que dar explicacións, moitas cousas incluso as omites porque non é asunto dun, porque non é para tanto, ou porque non o ves da mesma maneira e ó final, moitas veces é simplemente porque non queres problemas que nin che incunven e optas polo mellor, quitar ferro ó asunto e pasar de todo, total, que máis dá o que fagas ou deixes de facer, se o que che quere mal vaino seguir facendo.
Non quero que eso cambie, pero en certas ocasións tamén me fastidia precisamente eso, que pareza que nada me importa, solo porque ando ó meu ritmo, vivo a miña vida e intento tirar hacia onde a min me interesa. Pode ser egoista, ou pode ser intelixencia, por poder, pode ser moitas cousas, pero non indiferencia, eu non me considero indiferente, e que me digan "claro ti telo fácil porque non che importa"... grrr!! En fin, neste caso imos ser como nos están xuzgando e digo: pois si, a que jode!
jueves, 22 de octubre de 2009
Suscribirse a:
Comentarios de la entrada (Atom)
No hay comentarios.:
Publicar un comentario