sábado, 6 de septiembre de 2008

O que non é, non é!

Xa vai facer dous anos de que a miña vida se truncou, e digo truncou porque o que máis quixen na miña vida me traicionou e todo cambiou. Todo enfocado a unha finalidade, pasar o resto da miña vida con el, e de repente, todo ó carallo. O meu pasado, o meu presente e o meu futuro, xa non tiñan sentido, e eso que ainda non o sabía. A rabia, que me invadía non me deixaba ver o que pasaba, e en lugar de perdoar, odiei, e odiei tanto que unha mala serpe se aproveitou e hoxe recive o cariño que era pra min. Dous anos despois e sinto a mesma paixón por el que o primeiro día que me bicou, paixón que estivo sempre ahi, por e pra el, e que nunca foi suficiente. Pero algo está cambiando...
A opinión da xente que me quere é positiva, venme mellor que cando estaba con el, ven que agora son eu mesma, pero tamén ven que teño que pechar a porta á esperanza de que algún día me queira, e abrirlla a quen agora me está querendo, e que por certo me fai sentir cousas que non sentín nunca. Teño medo a apaixonarme, a querer e que me volvan a facer dano, á traición... Filofobia creo que se chama, algo que eu non sabía que existía, e que non só me explica moitas cousas, senon que me dá esperanza de que algún día poida querer como me gusta querer, incondicionalmente e sen medo a facelo.
Moitas cousas en común, moitos gustos e finalidades parecidas, ... ilusión.
Non recordaba o que se sentía cando sentes ilusión con algo, nen o que se sente cando un simple roce fai que te estremezas, que sintas que estás viva, ... pechar portas pra abrir outras, eso precisamente é o que nin quero nin quería. Non quero querer a alguén por despeito, ou pra olvidar, ou pra facer rabiar, tampouco busco un sustituto do que tiña, nin un remedio pra o meu malestar... non quero eso, non busco, non quero que todo se base nun recordo, que o amor que poida sentir sexa eso, un sustito do que tiña e que me estea recordando sempre o que perdín... non quero eso. De ahi, que non busque, eso creo que ou é ou non é, pero non se pode forzar.
A miña ilusión ten fundamento, non ten nada que ver co meu pasado, nin co meu presente sequera, non me recorda nin me leva a nada pasado, é cen por cen meu, apareceu sen avisar e ainda está ahi, vai surxindo algo, imos facendo por que sexa algo, pero sen forzar nada, simplemente porque está ahi, na miña cabeza, no meu corazón... Non podo dicir quérote, pero sei querer, non podo comprometerme a nada, pero son comprometida en todo, non é ainda o meu amor, porque eso ainda non me pertence, pero pode chegar a selo...
Non busco, pero aparece... Son horas de mirar pra diante, olvidar e deixar que o meu corazón volva a ser meu pra poder algún día entregalo a quen queira e a quen me queira. Non quería deixar o pasado ali, no pasado, non quería seguir adiante, porque ainda tiña esperanza, pero xa non... Xa me rendín fai tempo, pero agora por fin o vexo... o que non é. non é!

1 comentario:

Anónimo dijo...

non kero ter guerra asi q deixame en paz xq esta mala serpe tamen ten corazon e os teus comentarios doen bastante, eu non me aprobeitei de na simplemente surxiu, como ti mesma dis unha ilusion, e se tan namorada stas del deberias entender q a min tamen m tocou a fibra e mala sorte a q corrin, xq eu nn o busquei. non creo q eu reciba o cariño q era pa ti xq son cariños diferentes, ti eres o seu gran amor, eu x agora son un enredo, unha colega q sta ai e punto. el non te esquence e xa e duro para min eso como para q penses q e culpa miña. eu non lle poño unha pipa na cabeza para q este conmigo. deso se trata a vida, de ser libre e facer o q dexeses. e se foras un pouco fria e pensases coa cabeza mais a menudo e non sempre co corazon dariaste conta de q se eu recivo o cariño ese q dis e xq kere darmo e nn xq o obligue. cada un escolle na vida o lugar q kere ocupar e eu non kero o da mala serpe xq non o merezco. simplemente cada un recolle o q sembra e se sembras odio recolles moito mais, se sembras amor e perdon xa sabes o q toca. simplemente desexo q che vaia ben e q o mesmo reciba eu da tua parte, ou tan sequera a tua ignorancia hacia a miña persoa, nin pa ben nin pa mal. gracias