Pasaron os 28... corren que dá gusto.
O xoves 5, fixen os 29, e como vos imaxinaredes, vexo os 30 cada día máis cerca. Mete medo pensar que xa van 30 anos de vida e que prácticamente nin te enteraches, e pensas: "que razón tiñan aqueles que dicían que a partir dos 20 pasan sin darte conta", e razón si a teñen, pero a medias. Eu son consciente de cada ano que vivín, pero para min corren desde que teño uso de razón, desde que eres unha nena e de repente xa vas á excursión de fin de curso, despois empezas a querer sair , o inicio no instituto, o carné de conducir... todas esas cousas que che van marcando etapas e que foron chegando sen avisar.
Din que cos anos vén o sentido, miña nai polo menos espera que iso pase algún día, e falando do tema precisamente, ela dicíame que a ver, que xa eran horas de que fose aparecendo, ou polo menos que se vise algunha traza del, a miña resposta foi contundente "mamá, eu deso non quero, que din que te fai vella"... jejej, e realmente o penso.
Nestes anos pasaron moitas cousas, e creo que incluso as malas foron para ben, pois como se soe dicir, "o que non te mata faite máis forte". Creo que iso se cumple a raxatabla, e gracias a todo o que poiden vivir, bueno por sorte ou por desgracia, funme forxando unha personalidade, un carácter.. algo, que creo indispensable nunha persoa. Vexo moita xente que non sabe ser se non é con outra persoa, como se necesitara que lle fosen indicando un camiño, un estado de ánimo, un sentimento, e digo eu ¿qué pasa con esa xente cando queda soa?
Eu véxome soa con 29 anos, e sinto que son eu máis ca nunca, disfruto de todo o que se me vai presentando e como non teño que ter a ninguén en conta, fago todo o que a min me place.
Van 29, e ó contrario de moita xente, alégrome de todos e cada un que cumplín, e espero non só cumplir moitos máis, senon poder disfrutalos todos.
No hay comentarios.:
Publicar un comentario