lunes, 11 de febrero de 2008

Outro entroido que pasa..






Un entroido máis ó lombo e un pouco de vida que perdemos... sona drástico ou mal incluso, pero con tanto axetreo é o que supón.

Este ano foi variado porque o primeiro sábado de entroido fomos a celebralo a Bueu, ali había un concerto que organizaban os de descarga furtiva que nos deixou moitas aguxetas e como sempre moi bos recordos do Morrazo. Coñecemos a todo o corpo de Cangas, jajaj, ós municipais e ós verdes, e volvemos a ver a toda esa xentiña que fomos coñecendo nas anteriores visitas... eso si, nesta ocasión facía un frio que pelaba, e choveu tanto que non botamos de menos a ducha. Ali fomos disfrazadas de monxas punkis..


O luns de entroido saimos en Ordes, había festa de disfraces no bar de Angelines, onde tiñamos un pique cos rapaces de Santa Cruss que viña xa do entroido pasado, pois nesa ocasión gañaron eles o concurso. Toda unha xuntanza de especimenes que este ano acabou con unha calabaza enorme polos aires coa sua correspondente guerra de calabaza unha vez que caeu e partiu en mil pedazos. Este ano gañou Sebas, que ia disfrazado de novia, con ramo, velo e todo... a verdade é que iba de pm. Nós levabamos un popurri de roupa que non sabiamos moi ben que era, pero pasámolo de medo... O mellor foi a ratiña presumida, que resultaba que era un "secreta" jaja.


O sábado de piñata volvemos a sair no pobo, pero nesta ocasión tiñamos unha convocatoria (con moi pouca resposta, todo sexa dito) na rúa do Sementes, pois nós iamos disfrazadas de San Fermins, con vaca, toro e todo, e simulamos un encerro na rúa do Sementes, como á hora do chupinazo eramos nós nada máis, empezamos unha ruta de viños, que acabou nunha pelexa de auga no Veleiro a moi altas horas da mañá do domingo. Cheguei á casa é morrín..


Demos asi o entroido por finalizado, e agardamos ó seguinte, pero penso... ¿que lle pasa á peña que cando fas algo non aparecen? ¿falta de sentido de humor? ¿falta de ganas? é como toda esa xente que di que non soportan o entroido porque non lles fai gracia que xente que vai disfrazada lles ande tocando as pelotas, pois ¿para qué saen? mellor que queden na casa e non lle jodan o entroido a aqueles que si o viven.. digo eu. Aparte que cando xa non quede humor... en fin... mellor que non nos pille esa situación.


E nada, espero que o voso entroido fose polo menos tan bó como o meu.

No hay comentarios.: