miércoles, 13 de febrero de 2008

Cousa de nen@s

Din que manter un fillo custa moito, tanto mental, como física, como económicamente... e teñen razón. A miña nena non é de carne e oso, pero dá máis choio que un bebé eterno. Supoño que non sempre será asi e que algún día me facilitará a min a vida, pero polo de agora tócame a min afrontar o que me traia e;... que che custa un ovo mantela, que hai que adicarlle moitas horas, que é a historia de nunca acabar, que solucionado un problema logo che trae outro... mil cousas; pero tamén hai que pensar que me deixou ser un pouco máis eu, que me levou de viaxe xa a un lote de sitios (e moitos máis que espero que me leve..), que me levou a coñecer moita xente que non coñecería, que me ensina algo cada día que pasamos e non sei, mil cousas máis que xa me aporta á miña vida.


MORALEXA: coida de quen te coide..

No hay comentarios.: