Pasou o fin de semana e non sain nin pouco nin moito, bueno, fun o venres ó concerto do Badulake pero como tiña que abrir o sábado, o sábado xa non poiden máis... estaba morta despois de un día enteiro de limpeza no xardín.
Toda esta tranquilidade, este adicarme tempo, e o estar conmigo mesma, axudame a entender moitas cousas, como por exemplo que estea asqueada deste pobo, de sair aqui e de todo. Non me gusta sair a ligar, non me gusta sair en Ordes, non me gusta a monotonía... insisto... estou aburrida.
Hoxe, falando con un amigo sobre esto, diciame que para o finde que vén que iba sair a ligar, porque estaba aburrido de estar solo, de non ter a quen coidar e querer, non ter con quen quedar para nada, necesita querer a alguén, que o de ir picoteando por ahi está ben, pero xa está cansado deso... e enténdoo, pódese dicir, que penso igual ou moi parecido, pero tamén entendo que mellor solo que mal acompañado, que non se pode forzar o amor, que non se pode inventar un cariño que non existe e que non se pode obrigar ó corazón a querer a quén non quere, por eso cheguei a unha conclusión, paso de todo ata que vexa unha señal, jajja, e non me refiro a unha señal como a dun piso (fianza), senon a algo que me diga "é el", ainda que o teño dificil porque mira que se cheja a ser cafre. Non entendo as contrariedades da vida de que cando ti queres algo serio con alguén este non quere seriedade, e cando non queres máis que satisfacer unha necesidade natural de todo ser vivo queren cariño e mil tonterías... e a verdade é que non quero finxir un cariño que non sinto. Sona mal e frío, pero é a verdade, ten que ser moi especial, algo distinto, non sei...
De todas formas xa descartado eso de saír á busca de, se ten que ser que sexa e senon pois xa se verá que é, e mentras aproveitar, que a vida son dous dias.
Cambiando un pouco de tema, os cadeliños xa están feitos uns mozos, son a oxtia, e a verdade é que me vai joder moito ter que dalos. Búscanme, e veñen a min cada vez que lles digo algo, son moi cariñosos e xoguetóns e quérolles moito... que pena me dá non poder quedarme con todos.
Pois eso, quere a quen te queira e non busques, "atopa", jaja
lunes, 28 de enero de 2008
Suscribirse a:
Comentarios de la entrada (Atom)
No hay comentarios.:
Publicar un comentario