lunes, 31 de diciembre de 2007

HORA DE FACER BALANCE...


O 2007 chega ó seu fin e xa non foi sen tempo.
Un ano que esperaba bó e... pff... en fin, esperemos que o que vén sexa mellor.
Claro está que non todo foron malas cousas, houbo sobre todo, experiencias, momentos e vivencias que non olvidarei nunca, asi como tanta xente que terán sempre un lugar no meu corazón e na miña memoria. Este foi o ano dos recordos, eso que se di sempre de que o que me gustaría cando chegue a vella é ter mil aventuras que contarlle ós meus netos, pois este foi un ano deses de dicirlle "mimáaa, que salvaxada", jajaj.
Asi que imosnos quedar cos bós recordos e intentar, polo menos, aparcar os malos, dos que hai que aprender, pero non vivir.
Este ano ademáis, tibo unha constante que foi a melancolía, ainda que creo que a fun levando bastante ben ocupando a cabeza e o tempo con outras cousas, cousas polas cales houbo xente que me criticou por querer estar en todo, outros rironse por facer cousas que non sei, outros ofendéronse por non telos en conta, moitos non entenderon mil cousas que fago porque si,... cando o único que pretendo é precisamente eso, ocupar o meu tempo e a miña cabeza como podo e co que quero. Sinceramente, tampouco me importa, entendo que hai xente á que non lle gusta facer nada nin que ninguén faga nada, pero eso non é meu problema, só me fixo ver algo, e é que hai xente que é triste de por si, non que estea triste, senón que é triste.

Do 2007 podo dicir que fixen prácticamente o que veu en gana, festas de disfraces, un xogo de roll, "cantei" nun grupo, din os primeiros pasiños na radio, fun ás festas que me apeteceu, concertos, feiras e demais, escribin nunha revista, sain nunhas fotos nun libro, botei case tres dias sen durmir, coñecin moita xente, fun de vacacións, jaajaja.... foi completiño si, e todo o que fixen axudoume a ser un pouco máis "eu mesma", entedín que a vida é para vivila e que ainda que leves chascos, eso son experiencias que te van facendo máis forte, que un é un cando quere selo, e que non necesita de ninguén máis para poder ser quen queira.

En resumo, o balance que saquei deste ano, é que foi un bó ano para a miña persona.

E só me queda desexar un FELIZ ANO a todos e que levedes a cabo os vosos soños e aspiracións igual que eu intentarei levar as miñas.

1 comentario:

www.martinfelixmassa.com dijo...

FELIZZZZZ AANNNOOOO
pequena!!!
bitxo que tes blog e non dis nin muuuu serassss ti...

bueno a ver se asi te teño mais lokalizada que levas unha temporada que non se techeiraaa!!

BICUS GORDOS!!!