lunes, 3 de septiembre de 2007

Regue, champiñons e boa xente


Unha semana máis que pasa e outras experiencias para compartir. Despois de pensar moito no tema, de moitos desafogos e buscar mil novas cousas para manter a cabeza ocupada, chegou o fin de semana.

O venres quedamos no Traspasase para celebrar o cumpleanos de Ana, e ali empezamos a noite a ritmo caribeño con uns mojitos. Non fixemos nada especial, pero cando saes con xente coa que te sintes agusto, todo parece ser bó e esa foi unha boa noite, a pesar do chasco final para remala, pois outro dardo veu parar ó meu doido corazón. É duro estar batendo co teu ex e vendo como agora quere a outra, pero parece ser que vai haber que acostumbrarse porque polas trazas vanmo restregar mentras me joda.

En fin.... o sábado fomos ó Burgo, había a festa reague de todos os anos e joder qué risas.. ó principio foi un pouco estresante, pois coincidironme outros cantos tropezóns que me puxeron nerviosa e non me deixaron disfrutar do inicio da noite, pero uns champiñóns despois todo cambiou.. jejeje, coñecin unha xente na barra coa que pasaría case toda a noite, pero que me fixeron chorar coa risa e todo, ata que pola mañá, coa vista ainda trucada, atopoume Silvia (que viña de durmir) observando o que para min eran os primos dos Canais de Venecia, jeje, nunca pensei que vería o Burgo con tan bós ollos.

En canto despertaron as outras, arrancamos rumbo a Carral porque eu deixara ali o coche, tomamos algo ali e fomos a xantar a Cerceda, ó Mestura, o bar de Fernanda e onde curra Ana.

Tratáronnos como raiñas e despois do peazo despliegue de sombrillas que lle montamos diante e de ainda asi seguir cocéndonos co sol, optamos por ir a darnos un baño á nosa piscina, jeje, que triunfo... toda unha piscina para nós solas.

Despois do baño fomos á cita do domingo, que era cos da asociación Lucerna, que andaban preparando unha charanga para o domingo da Gresca. Moitas risas, boa xente e ata unha rasta que me fixo Martin, o de Machina.

Acabamos a sesión con un brinde de licor café e rumbo a Ordes, para dar as boas noites e rematar asi a semana con un sorriso nos beizos.

No hay comentarios.: