lunes, 24 de septiembre de 2007

¡Meigas Fora!







E con elas a pouca vergonza que me quedaba...


Pasou Poulo e podemos dicir que proba superada, non sairía moi ben pero que o pasamos de medo non no lo poden negar.


O rollo é que coas coñas nós xa empezamos Poulo o xoves, pois era o último ensaio e coas coñas de que había que facer unha posta en escea como se fora o día da festa, veña licor café e quedounos a noite pequena, facendo un renjanchote de medo, para despois de currar ir a buscar á estación a uns amigos que viñan de Finlandia e arrancar pa Poulo a seguir coa festa.


Do venres podemos dicir que facía un frío de medo, pero estibo ben, o sábado eu temblaba pero non co frío precisamente, pois como me dicían o resto do jrupo "eu estabame desvirjando" jajaja, musicalmente claro.


Foi unha sensación moi rara, entre nervios, ganas de acabar e ó mesmo tempo como que pasou moi rápido, pero no fondo pasámolo moi ben.


Teño que admitir que me gustou o rollo da música, pero non para actuar nin nada, senon como unha especie de terapia, aparte de que a xente do grupo, a ostia... toda unha experiencia si.


E unhas risas tamén ó acabar o concerto, pois andaban todos emocionados, que se nos contrataban para tocar non sei onde, que a ver cando quedabamos para ensaiar e ... en fin, que o pasamos ben todos e queremos repetir a xuntanza.

No hay comentarios.: