
GRESCAAA!!
Pasou.
Buff, moitas máis como esta e non o contamos. 51 horas de festa, das cales só durmin 5 horiñas de nada.... fff!
Boa música, boa xente, comida rica, sol, todo tipo de comodidades (duchas, aseos limpos, zona de acampada con sombra, unha carpa moi chula,...) e sobre todo festa. Houbo espectáculos para todos os gustos, como circo, teatro, malabares, grupos musicais de todos os estilos, comida catalana e galega, bebida fría,... un despliegue por todo o alto e un dez para a organización, pois aparte de non faltar de nada, fixeron un moi duro e bó traballo.
Aparte, boas ideas, como por exemplo o dos platos e o tren de lavado, porque comida e servicio había para todo o mundo, pero nada de plástico e cada un a lavar o que mancha... pensamento ecoloxista que non supuxo ningún esforzo para ninguén e que sin custar nada é un exemplo das pequenas cousas que poden chegar a cambiar o mundo.
Houbo moita xente e de todos lados, visitas como as de Martín e compañía, Fran e o resto da tropa de Boiro, Aurelío coa manaza que mete medo, estaban os rapaces de Poulo facendo propaganda da sua vindeira festa, ... en fin, unha boa xuntanza de xente de todo tipo.
Tamén houbo xogos populares, fogos de artificio, ... só faltou unha cousa: a queimada.
O sábado, sen tempo ainda nin para durmir, baixamos ó pobo a ver as actividades que tiñan preparadas ali, subimos a cear cerca das 9 e ala, outra vez de festa. Esa npite xa foi un desmadre por todo o alto, jeje, un lote de xente sobre a barra, os cataláns todos moraos de licor café, ... xenial... tan ben, que outra vez costou traballo tomar a necesaria decisión de por fin ir durmir un pouco.
Despois de durmir unhas horiñas, levantámosnos para ir despertar Cerceda e lata en man, aló fomos os da charanga polo pobo adiante.
Andibemos os bares todos e subimos a comer ó campo da festa. Ali botamos a tarde tocando e a contos e ata ben entrada a noite..
Un festival moi chulo, moi entretido e que esperamos impacientemente que volva.
No hay comentarios.:
Publicar un comentario