Pois tiben que esperar ós 28 anos para ir a unha festa a Meirama. Botamos unhas risas cos persoeiros que vimos por ali, ata tibemos sorpresa, porque pola mañá apareceron uns poucos cos que non contabamos, jjaja
Por non variar, empezamos cerrando o bochinche na sesión vermú, pechámolo pola noite e como non podía ser de outra forma volvemos a pechalo na sesión vermú do día seguinte.
Estibo todo moi ben, dende os camareiros (ese Calvete..) ata as anfitrionas de luxo, que nos invitaron a comer o sábado e o domingo como non estabamos presentables, non só quedou Olaia acompañandonos polos bares de Cerceda, senon que chegou Lola con callos para todos ó bar de Fernanda, ... son moito, vaia duas.
E nada, veremos para o ano, porque este deixaron o pavillón ben alto.
No hay comentarios.:
Publicar un comentario