martes, 28 de agosto de 2007

Desesperación, enfermidade ou mal estar simplemente?


Un non sempre pode controlarse, iso é a constante de todo o mundo. Pero o que me pasou estos días xa non é tan normal.
Hai cousas que ó mellor se fan demasiado para un, e en lugar de darlle a importancia que teñen, finximos por esto do orgullo, porque todo aquel co que falas lle quita ferro e che dá largas, porque a ninguén lle gusta exteriorizar o que leva por dentro, ou por mil circunstancias que che vai dando a vida.
O outro dia, falando con alguén, díxome algo que agora entendo; parece ser que cando teño algún problema, este aféctame no meu carácter facendo que me sinta mal pero entendo que é parte da miña vida e intento superalo, o problema estaría en que ó mellor non distingo ben cando teño o problema, non son consciente no momento en que me está pasando, e cando me dou conta xa é tarde ou xa está moi avanzado.
Agora teño un moi avanzado que non dou controlado e que me vai superando unha e outra vez, ata cagala ata o fondo, e iso non o soporto. Non soporto non ser dona de min, non poder controlar os meus sentimentos, os meus feitos, pero non sei que me pasa que por momentos perdo a lucidez que creo ter e volvome como tola, descontrólome ata o punto de non poder parar, de intentar chegar a un límite que en realidade non ten fin, ou cuio fin non quero para min.
De repente é como se todo se virase oscuro, todas as miñas boas intencións se van ó garete, todo pasa a ser malo, decepcionante e doloroso... ¿será eso o que chaman crise de ansiedade?
Non sei o que é, pero unha cousa está clara, é enfermizo e doloroso

No hay comentarios.: